Pon a punto o teu coche para as vacacións, aprende a limpalo cos mellores produtos.

Consellos para limpar o teu coche

07 de xuño de 2022

Sabes cal é a forma adecuada de limpar o teu coche? Agora que chegan uns días de vacacións convén poñer o noso vehículo a punto. E unha das cousas máis importantes é coidar a limpeza.

Descubre como facer unha limpeza perfecta do teu coche, tanto exterior como interior, e os mellores produtos para limpar o cadro de mandos, a tapicería, o parabrisas, etc. Prepara o teu coche para o verán!

Produtos básicos para limpar o teu coche

A continuación presentámosche unha serie de produtos necesarios para limpar o teu coche e deixalo en perfecto estado.

Limpacadros de mando

Spray limpia salpicaderos Mercadona.

Aprende a utilizar este útil spray para limpar os cadros de mando:

  • Superficies onde se pode aplicar: limpa e renova todo tipo de superficies de plástico, coiro, skai, propias do cadro de mandos, asentos, portas, etc.
  • Modo de emprego: para deixar coma novas estas superficies basta con axitar e pulverizar sobre un pano. Acto seguido, pasalo pola superficie que queiramos limpar.
  • Efecto antiestático: o seu efecto antiestático evita que o po se adhira sobre as superficies tratadas.

Limpaparabrisas

Producto de limpieza de coche limpia parabrisas.

Principais características deste produto:

  • Superficies onde se pode aplicar: espellos, cristais, faros do coche...
  • Modo de emprego: engadir directamente no depósito do lavaparabrisas do coche.
  • Modo de emprego alternativo: cunha baeta de microfibra, limpar os faros do coche e os cristais.
  • Resistente ás baixas temperaturas: o limpaparabrisas Bosque Verde resiste temperaturas de ata -10º, isto evita a conxelación dos parabrisas.

Advertencia: non diluír se hai risco de xeadas.

Limpatapicerías

Producto limpieza coches limpa tapicerías.

Utiliza este produto segundo as nosas indicacións:

  • Superficies onde se pode aplicar
    Todo tipo de tecidos naturais ou sintéticos, a excepción de tapicerías antigas e tapices artísticos.
  • Modo de uso
    Limpa en seco a sucidade de toda clase de tecidos depositando unha capa de escuma limpadora que disolve e absorbe a sucidade.

Antes de aplicar o produto, é recomendable realizar unha proba nun sitio pouco visible para comprobar que non dana a superficie.

Como limpar esas superficies

1. Aspirar ou cepillar as superficies que hai que limpar para retirar o po.

2. Axita o envase e pulveriza en vertical sobre o tecido que queres limpar.

3. Fregar cunha esponxa húmida e aclarar conforme se ensucie.

4. Deixar secar completamente.

5. Aspirar ou cepillar os restos do produto sobrante.

Para evitar diferenzas de ton e cercos é recomendable aplicar sobre toda a superficie en lugar de limpar só a zona manchada.

Ambientador para o coche

Productos para limpieza de coche ambientador.

Pasos que hai que seguir:

1. Despegar a película protectora de aluminio da recarga, tirando da pestana situada na parte de arriba desta.

2. Inserir a recarga no difusor ata oír un “clic” (así a recarga está correctamente posta).

3. Cerrar a asa ata oír o “clic”.

4. Enganchar a pinza no lugar correspondente, situado na parte posterior do produto

5. Elixir entre dúas direccións posibles respecto ao modelo de reixa de ventilación do coche.

6. Colocar o ambientador na reixa de ventilación coa tapa cerrada do difusor situada cara a arriba.

Duración: catro semanas

Produto dispoñible en tres variantes: Lima, Marine, Exótico.

Ademais, o noso envase contén un 80 % de plástico reciclado.

Outras recomendacións

Se buscas manter afastados os insectos, proba os nosos produtos para protexerte este verán.