Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

O Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde mellora a túa hixiene cotiá. Coñecer a diferenza entre o Papel Hixiénico Húmido e as toalliñas é fundamental para evitares atoamentos nas tubaxes.

Coñeces as diferenzas entre as toalliñas e mais o Papel Hixiénico Húmido WC?

27 de abril de 2018

Aínda que as toalliñas se parecen moito ao Papel Hixiénico Húmido WC non son iguais. As toalliñas están desenvolvidas con fibras de orixe natural e doutras sintéticas que lle achegan resistencia e suavidade. O papel hixiénico WC, no entanto, está elaborado con fibras celulósicas de orixe natural que as fan menos resistentes e máis disgregables.

Alén diso, as toalliñas non se disolven mentres que o papel hixiénico húmido WC se desintegra doadamente.

E como saber onde desbotar cada un? A palabra “toalliñas” e o símbolo específico impreso no envase indícannos que o produto se debe desbotar no balde do lixo. O papel hixiénico húmido WC, pola contra, pódese refugar quer na papeleira quer no retrete. Lembra: biodegradable non é o mesmo que desbotable polo inodoro.

Características e tipos de Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde

Podes encontrar o Papel Hixiénico Húmido WC de Bosque Verde en tres formatos e tamaños diferentes.

  • Envase de 100 unidades.
  • Envase de 15 unidades, máis pequeno e manexable. Este tamaño compacto está pensado para o levares no bolso, no teu coche ou para viaxares canda el con total comodidade.
  • Pensando nas crianzas da casa creouse o Papel Hixiénico Húmido WC infantil Bosque Verde. O seu envase de 100 unidades garantizarache a hixiene completa do teu bebé.

O Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde leva áloe vera e macela. Coida a pel conseguindo unha agradable sensación de hidratación, suavidade e frescor, con agradable aroma. Na súa etiquetaxe indícase, con claridade, que é desbotable polo WC, aínda que es ti quen decide escoller esa opción ou botalo no balde do lixo.

O Papel Hixiénico Húmido WC está desenvolvido polo interfornecedor fabricante Ubesol en Atzeneta d’Albaida, na provincia de Valencia.

Outras recomendacións

Recomendámosche o seguinte artigo se quixeres coñecer máis sobre o Papel Hixiénico Húmido WC de Bosque Verde.