Limpa as túas superficies de aceiro inoxidable e aluminio co noso abrillantador específico.

Coñeces o noso Abrillantador de aceiro inoxidable e aluminio?

25 de outubro de 2023

Campás, fogóns, mesados, billas, frigoríficos… todas estas superficies de aceiro inoxidable e aluminio son particularmente delicadas e requiren un tratamento especial para conseguir un acabado perfecto.

Para a limpeza en profundidade destas pezas clave da túa cociña ofrecémosche unha solución moi efectiva en aceite, que che asegura un brillo intenso e un tacto agradable nestas superficies.

Aceite abrillantador Aceiro inoxidable e Aluminio Bosque Verde

Trátase dun spray con pistola moi apropiado para eliminar manchas e pegadas en grandes superficies, como paneis de aceiro, campás extractoras, mesados, frigoríficos, fornos…

Modo de emprego

Pulverizar sobre un paño seco el Aceite abrillantador Acero inoxidable y Aluminio Bosque Verde

  • Pulveriza sobre un pano seco, baeta ou papel absorbente ou faino directamente sobre a superficie.
  • Seguidamente, frega a superficie que queres abrillantar.
  • Por último, pasa outro pano seco, baeta ou papel absorbente e retira o exceso de produto.

Previamente, recoméndase realizar unha proba nunha zona pouco visible da superficie que se vai abrillantar.

Se é a primeira vez que utilizas este produto ou se o utilizas sobre unha superficie moi graxenta, recoméndase realizar unha limpeza previa pulverizando con Quitagraxas e, posteriormente, aclarando e secando cun pano.

Outras recomendacións

O Quitagraxas sen escuma con perfume a limón é eficaz en calquera superficie, próbao!

A nosa ampla gama de limpacháns garánteche un chan libre de manchas, brillante e cun aroma agradable.

Sabes como eliminar a sucidade das xuntas dos azulexos e das baldosas? Presentámosche o noso Desincrustante de cementos e limpador de xuntas.