Zumos Frescos Hacendado, refrescantes y naturales

Zumes Frescos Hacendado: A túa dose de vitalidade

15 de febreiro de 2017

Cando queiras gozar dunha bebida nutritiva e refrescante, podes escoller os novos Zumes Frescos Hacendado, xa dispoñibles en Mercadona.

Os novos Zumes Frescos Hacendado son unha alternativa natural para te refrescares, non conteñen glute nin lactosa e están elaborados á base de froitas, vexetais e plantas de diferentes propiedades.

Os 4 tipos de Zumes Frescos Hacendado, cal prefires?

En Mercadona encontrarás 4 tipos de Zumes Frescos Hacendado, cada un cuns ingredientes e propiedades diferentes. Velaquí as opcións que tes:

  • Zume Fresco Relaxante de Ananás e Coco con Valeriana

Ingredientes: Ananás, mazá, plátano, laranxa, coco e valeriana.

Un refrescante zume que aproveita as propiedades da valeriana para che ofrecer un efecto relaxante.

  • Zume Fresco Antioxidante de Froitos Vermellos con Áloe Vera

Ingredientes: Mazá, laranxa, áloe vera, arandos, framboesa, milgranda e amorodo.

Este zume é un recomendable antioxidante, grazas á combinación das froitas idóneas e o áloe vera.

  • Zume Fresco Activador Dixestivo con Xenxibre e Ginseng

Ingredientes: Mazá, cenoria, maracuxá, xenxibre, ginseng e limón.

O zume Fresco activador dixestivo permíteche aproveitar as propiedades saudables e dixestivas do ginseng e do xenxibre.

  • Zume Fresco Detox Depurativo de Vexetais con Xenxibre

Ingredientes: Mazá, espinaca, apio, limón e xenxibre.

Un zume que combina froita, vexetais e xenxibre para ofrecer o efecto depurativo que estás a procurar.

Como gozar dos Zumes Frescos Hacendado?

Os Zumes Frescos Hacendado están dispoñibles en dous prácticos envases, un de 250 ml para unha ración refrescante e outro envase de 750 ml co que podes gozar de até 3 racións.

Cada Zume Fresco Hacendado débese consumir en frío, quer directamente da botella quer do vaso. Cómpre mantelo sempre refrixerado a unha temperatura de 2 a 7 graos.

O método ColdPress dos Zumes Frescos Hacendado

Os Zumes Frescos Hacendado están fabricados mediante o sistema ColdPress, que mantén todas as vitaminas e nutrientes da froita para os zumes seren completamente naturais e frescos.

Este sistema ColdPress consiste en prensar a froita en frío, de xeito que as propiedades e vitaminas da froita se manteñan, ben como o seu delicioso sabor.

Escolle o teu Zume Fresco de Mercadona e goza dunha bebida refrescante, natural e saudable.

Outras recomendacións

Unhas bebidas que tamén son moi refrescantes e nutritivas son os Smoothies de Mercadona, elaborados cun 100% de froitas e vexetais.

Se ademais queres manter unha dieta saudable, podes aproveitar nas túas saladas as Sementes de Chía, de Liño, de Xirasol e Cabaza Naturais, xa dispoñibles en Mercadona.