Gústanche os xeados moi cremosos? Son perfectos para compartir con familiares ou amigos e gozar dos moitos momentos de pracer que nos ofrece o verán.
Estas vacacións, os nosos xeados en vaso de 500 ml axudaranche a refrescarte co seu incomparable sabor. Todo é cuestión de saber escoller a ocasión ideal para compartir un xeado e ese momentiño de satisfacción insubstituíble. Nin máis nin menos que medio litro de saboroso xeado! Elixe o teu favorito e deléitate!
Xeados en vaso de 500 ml, dispoñibles en cinco sabores diferentes
Os xeados de 500 ml encóntranse nos seguintes sabores:
- Xeado de Doce de leite: para os máis larpeiros!
- Xeado de Chocolate cookies: paixón polo chocolate!
- Xeado de Turrón: cremoso e intenso, irresistible!
- Xeado de Cheesecake: como unha torta de queixo xeada, nunca defrauda!
- Xeado de Menta e chocolate: unha combinación sorprendente e gañadora, déixate seducir!
Todos eles riquísimos. Dálle gusto ao teu padal e combate a calor do verán!
Outras recomendacións
Coñeces o noso Xeado Polvito? Tamén se presenta en formato terrina, con sabor a galleta, merengue e doce de leite.