Cos Xeados de terrina de 1 litro podes alongar o pracer dun bo xeado e pasar un anaco ben agradable mentres combates a calor do verán.
Chegan as vacacións e agora temos máis tempo para gozar das cousas de sempre, como ver unha boa película, a última serie que descubriches, ler un libro apaixonante ou conversar cos teus á vez que saboreas o teu xeado preferido. O mellor de todo é que tes unha incrible variedade de sabores para elixir.
Xeados de terrina de 1 litro, dispoñibles nunha ampla variedade de sabores
Escolle o teu sabor favorito e goza dese xeado que tes máis que merecido:
- Xeado de limón: sempre de moda e moi refrescante.
- Xeado de 3 sabores: chocolate, vainilla e amorodo: tradicións que nunca fallan.
- Xeado de vainilla: un pracer de toda a vida.
- Xeado de vainilla praliné pacano: se che gusta un punto máis sofisticado, con xarope de caramelo e noces pacanas.
- Xeado de chocolate anaquiños: xeado de crema de chocolate con anaquiños sabor chocolate.
- Xeado de Stracciatella: outro pracer habitual para os afeccionados ao xeado.
- Xeado de Capuccino: xeado de café e sabor nata, con xarope de café e grans de chocolate ao café.
- Xeado de amorodo: outro sabor clásico que sempre ten éxito… e con anaquiños de amorodo.
- Xeado de Nata, galletas cacao: unha combinación sedutora, con crema de nata e xeado de crema de chocolate con sabor a galletas ao cacao
- Xeado Ovo de chocolate: xeado sabor chocolate branco con crema de cacao e abelás.
Outras recomendacións
Se buscas xeados superrefrescantes e divertidos, aquí tes os nosos Popitos Flash.