Chega o verán, aperta a calor e apetece refrescarse cun bo xeado. Se che gusta a combinación de diferentes sabores e texturas, encantarache o Xeado Polvito de Hacendado. Aínda non o coñeces? Próbao!
Terrina de Xeado Polvito, con sabor a galleta, merengue e doce de leite
O Xeado Polvito está inspirado na sobremesa canaria “Polvito Uruguayo” e preséntase nunha terrina dun litro.
Características
Está composto por tres deliciosas capas que destacan por presentar texturas moi apetecibles e diferentes entre si:
- Xeado sabor galleta
- Salsa de doce de leite
- Xeado sabor merengue
Ademais, está coroado con merenguiños na parte superior.
A sobremesa canaria na que se inspira leva o nome de Polvito, xa que todos estes ingredientes se trituran (fanse po). Por iso se denomina así tamén este xeado.
Se che gusta o sabor doce e queres refrescarte este verán, proba o noso Xeado Polvito e goza coa súa inesquecible explosión de sabores. Gustarache!
Outras recomendacións
No verán tamén trunfa o chocolate: probaches as nosas Mini Barriñas de Chocolate Negro? Un innovador snack!.