Vas cociñar na casa este Nadal? No noso folleto encontrarás as mellores receitas para darlles o mellor aos teus. Podes descargalo aquí:
Unha coidada selección de pratos que inclúe:
- Aperitivos.
- Peixe e marisco.
- Carnes.
- Sobremesas. Este ano, estreamos nova sección de sobremesas, con ideas para acabar da mellor maneira o teu menú de Nadal.
Sigue a explicación paso a paso para a elaboración de cada prato. Indicámosche tamén o tempo necesario para a súa preparación e suxestións de maridaxe de viño para cada un dos teus pratos. Cociñamos xuntos?
Ademais, o noso folleto incorpora unha lista da compra moi práctica, para que poidas marcar os produtos que necesitas comprar e que non se che escape nin un detalle.
Aperitivos
- Mexillóns picantes á sidra.
- Ovos escalfados con xamón ibérico e patacas panadeira.
- Canelóns de carpaccio de tenreira con foie-gras, grana padano e sal en escamas.
- Bastóns recheos de queixo.
Peixe e marisco
- Robalizas ao sal con tres salsas: de limón, de iogur e tártara.
- Salmón Wellington con espinacas e crema de queixo.
- Dourada en codia de pan relado.
- Polbo á prancha sobre salsa de allo negro e patacas.
Nesta parte, poderás encontrar unha guía de tempos de cocción para polbo e marisco, para que poidas orientarte en caso de dúbida.
Carnes
- Rosbif de solombo vacún.
- Pa de año de leite ao mel con pastel de pataca.
- Leitón asado con chalotas confeitadas e xermolos.
- Paviña rechea con noces e foie.
Sobremesas
- Torta Tatín de mazá
- Flan de turrón, café e queixo
Sigue o paso a paso da súa elaboración, descarga as receitas de Mercadona para este Nadal!
E moita atención á nosa lista de reprodución de Youtube de Receitas de Nadal, unha ampla selección de receitas de carne, peixe e aperitivos para que poidas escoller o prato máis adecuado a cada situación, acertar cos teus invitados e sorprendelos.
Outras recomendacións
Queres encargarnos as túas comidas e ceas de Nadal? Descubre todos os pratos de Nadal que podes encontrar en Listo para Comer.