Grazas á súa intensa cor vermella e ás súas rechamantes follas verdes, os amorodos grandes resultan unha das froitas máis fermosas. O seu sabor é doce, cun toque lixeiramente acedo, e achega poucas calorías. Tan suculentos como ricos en vitamina C.
Na Península e mais nas Baleares, os amorodos grandes de Mercadona proceden de Huelva mentres que nas Illas Canarias cultívanse no propio arquipélago.
Pódense consumir a calquera hora, sós ou acompañados de azucre, de zume de laranxa, de pomelo… incluso en saladas ou, para os máis larpeiros, con nata batida ou bañados en chocolate fundente.
Consello: Amorodos grandes con cobertura de chocolate
Ofrecémosche esta apetitosa receita para que te animes a empregar o amorodo grande dun xeito diferente:
Os amorodos grandes constitúen un ingrediente perfecto para todo tipo de receitas, especialmente en repostería e tamén en zumes, batidos ou xeados.
O seu modo de conservación máis axeitado é o frigorífico, aínda que cómpre sacalos dúas horas antes do seu consumo para se temperaren. É moi importante lavalos ben antes de os comer.
Outras recomendacións
Se che apetece unha bebida refrescante, recomendámosche as catro variedades dos nosos smoothies. Outra das nosas suxestións son os novos zumes frescos Hacendado, sen glute nin lactosa e elaborados con diferentes froitas e vexetais.