No Nadal son xa clásicos os variados de galletas e pastas de Mercadona. Unha irresistible selección para compartirmos con toda a familia e os nosos seres queridos nestas festas tan entrañables.
Variado de galletas Azuba
As galletas variadas adoitan acompañar esas ocasións tan especiais en que a familia e os amigos se xuntan, como é o caso do Nadal. Son ideais para compartir!
Todos temos lembranzas agradables de seráns familiares compartidos ao redor dunha caixa de galletas variadas, en boa harmonía e conversa E é que estas galletas gústanlle a persoas de calquera idade.
O variado de galletas de Mercadona destaca pola súa gran variedade, a súa coidada elaboración e o seu extraordinario sabor. Galletas, con baños e acabados en diferentes chocolates ou de formato máis tradicional, corazóns, barquillos… Aptas para os padais máis exixentes.
Preséntanse nunha caixa de 500 gramos.
Un consello: se queremos conservar en condicións óptimas esta caixa de galletas variadas debemos gardala nun lugar fresco e seco. Ten unha vida útil de 365 días.
Caixa selección de pastas Hacendado
Outro produto que non pode faltar nestas datas é o variado de pastas de Mercadona. Unha exquisita selección das mellores especialidades en pastas, perfecta para ofreceres aos convidados en xuntanzas familiares ou con amigos, tan habituais no Nadal, ou para consumires en calquera momento do día.
A nosa Caixa selección de pastas Hacendado de Mercadona é quen de satisfacer os gustos máis exixentes, grazas á súa ampla variedade. Inclúe un total de 30 pastas, organizadas en 11 variedades distintas: deliciosos nevados de chocolate negro, así como a súa versión con chocolate branco, clásicos nevados con azucre glass, atractivas pastas de guinda, pastas con forma de estrela, pastas con canela, pastas con distintos baños, parisinas de azucre, pastas con marmelada de albaricoque...
O seu peso total é de 665 gramos. Debe conservarse nun lugar fresco e seco protexido da luz, e ten unha vida útil de 9 meses.
A Selección de Pastas Hacendado preséntase distribuída en dúas bandexas individuais embolsadas en film de polipropileno, dentro dunha caixa metálica que facilita unha boa conservación.
Outro dos grandes atractivos deste produto é precisamente a dita caixa metálica, cun atractivo deseño vintage, que podes utilizar como un atractivo adorno para enfeitares o teu fogar.
Este produto é de edición limitada, permanecerá en tendas durante a campaña de Nadal até esgotar existencias.
Xa sabes. Goza do Nadal co variado de galletas e a selección de pastas de Mercadona. Deliciosas!
Outras recomendacións
De quereres acompañar as galletas ou pastas cun café ou unha infusión, visita a nosa sección de Cafés, cacaos e infusións. Unha opción novidosa é o Novo Café Soluble Suave de Mercadona, con toda a enerxía do café mais cunha intensidade algo máis suave.
E, abofé, no Nadal non poden faltar os deliciosos turróns de Hacendado. Unha ampla variedade de turróns que, ademais, son sen glute!