Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Escolle a variedade do Roscón de Reis que máis che guste entre as especialidades que encontrarás en Mercadona, con ou sen recheo. Todos gardan no seu interior a figuriña ou a faba.

Un roscón para cadanseu rei

03 de xaneiro de 2018

Achégase o día de Reis, o día que nos visitan as súas maxestades de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar, cargados de agasallos e sorpresas, un día cheo de tradicións. En Mercadona poderás encontrar diferentes variedades do doce de Reis por excelencia.

Cruza os dedos e corta o anaco afortunado onde encontrarás a figuriña que te vai converter no rei da festa ou sé xeneroso se che toca o pedazo onde se agocha a faba, ao che corresponder pagar o roscón como dita a tradición.

Escolle entre as nosas diferentes variedades, enfeitadas con froita confeitada e láminas de améndoa, borrifadas con azucre en gran humedecido.

Roscón sen recheo

Tradicional Roscón de Reis sen recheo. Escolle o recheo que máis che guste e faino ti mesmo na casa.

Roscóns con recheo

  • Nata
  • Nata e trufa
  • Crema
  • Cabelo de anxo
  • Bombón: Roscón cuberto de chocolate, recheo con deliciosa nata.

Alén diso, tamén dispós de roscón sen glute, recheo de nata ou mesmo sen recheo.

Goza do Roscón de Reis de Mercadona!

Outras Recomendacións

Acompaña o teu Roscón de Reis coas variedades de bombóns de Mercadona.