Probaches as nosas Mini Barriñas de Chocolate Negro 70% cacao con Crocante de Sementes e Galleta?
Trátase dun snack de chocolate distinto, ideal para compartir en calquera ocasión, que destaca pola súa orixinal mestura de ingredientes e polo seu delicioso sabor.
Cada paquete contén 12 unidades de barriñas macizas de chocolate negro con envoltorio individual, que garante a súa conservación e facilita o seu consumo. Achégannos todo o sabor dun chocolate con alto contido en cacao (70%).
Unha mestura de ingredientes nova e atractiva
A saborosa textura destas Mini Barriñas de Chocolate Negro 70% cacao conséguese grazas a unha suxestiva e innovadora mestura de ingredientes de distintas densidades, como son o chocolate, as sementes de sésamo e liño marrón, cereais e galleta.
Conseguir esta mestura tan nova significou un importante esforzo de investigación e desenvolvemento.
Un produto Hacendado elaborado pola empresa Dulces Olmedo en Osuna (Sevilla) que supón unha gran novidade na categoría de snacks de chocolate con estas exquisitas e atractivas barriñas.
Outras recomendacións
Se queres completar os teus almorzos e as túas merendas proba o noso delicioso Zume de Laranxa acabado de espremer.