Tronco de Navidad y polvorones de Mercadona

Tronco de Nadal e polvoróns: a tradición máis doce

19 de decembro de 2016

Vive o Nadal máis doce e tradicional lembrando os sabores de sempre e facendo que os teus convidados se sintan como na casa.
Este ano, en Mercadona encontrarás o delicioso Tronco de Nadal, que garda no seu interior un biscoito de vainilla con saboroso recheo de trufa e cobertura de chocolate con enfeites do Nadal.
Para os amantes das tradicións, os manteigados e polvoróns de Mercadona recordaranlles a nenez cos sabores da améndoa, os manteigados caseiros e de limón… ou coas boliñas de coco. Deliciosos!

Descubre o Tronco de Nadal de Trufa

Este ano estreamos un novo Tronco de Nadal en que se mantén a calidez e a calidade do ano pasado mais obtendo un acabado máis saboroso e robusto.
No interior encontraremos un biscoito enrolado de vainilla con recheo de trufa, e na superficie un baño de chocolate enfeitado con pezas de chocolate branco na árbore de Nadal, chocolate negro nas letras de "Felices Festas", e outra vez chocolate branco na súa estrela de Nadal, dun precioso vermello vivo.
Todo o tronco complétase coa decoración con confetti de pasta de azucre branda nos mini abetos, os bastonetes de Nadal ou as folerpas de neve.

Non hai Nadal sen os tradicionais polvoróns e manteigados

Para os padais que gustan das tradicións, os polvoróns de Mercadona lembraranlles a súa nenez cos sabores da aménoa, os manteigados caseiros, o delicioso manteigado de limón ou as boliñas de coco, estas últimas sen glute.
Un pracer para gozar en familia.

Outras Recomendacións

Como sobremesa, non esquezas tamén ofrecerlles aos teus convidados os deliciosos turróns de Hacendado, en 6 variedades sen glute para gozar en familia.
Tamén, podes ofrecerlles os Variados de Galletas e pastas de Nadal, unha irresistible selección para compartir con toda a familia nestas festas tan entrañables.