Se gostas das sobremesas, a nova torta sen glute de Mercadona, de améndoa con caramelo e cacahuetes, superará todas as túas expectativas: é unha combinación absolutamente irresistible que inclúe unha rica base de améndoa acompañada de crema de turrón, caramelo e cacahuetes torrados. Todo isto recuberto cunha fina capa de chocolate con leite. Soa ben, non si? Pois sabe moito mellor.
Torta sen glute de améndoa con caramelo e cacahuetes ao forno
Dentro das deliciosas sobremesas que temos en Mercadona, a torta sen glute de améndoa con caramelo e cacahuetes fará as delicias dos apaixonados do doce. Ideal para poñeres o ramo a unha estupenda comida, unha celebración inesquecible, para merendares ou para servires entre horas, en calquera momento!
Este produto de pastelería sueca está fabricado en Torslanda (Suecia) e preséntase nun envase de 600 gramos. Permite gozar de entre 8 a 10 racións.
Sen glute
Mercadona mantén desde hai moitos anos un firme compromiso co colectivo celíaco. Esta saborosa torta non contén glute, de xeito que resulta apta para aquelas persoas coa doenza celíaca e apropiada para aqueloutras que sigan unha dieta vexetariana.
Mesmo así, esta torta de améndoa, caramelo e cacahuete conserva todo o sabor dos seus riquísimos ingredientes.
Preparación e conservación
Para gozar desta apetitosa torta de améndoa con caramelo e cacahuete, abonda con desconxelares o produto a temperatura ambiente durante 40 minutos. E xa está lista para servir.
O seu almacenamento debe realizarse no frigorífico a 6 º C mínimo durante un máximo de 7 días. No conxelador a -6 ° C ou menos durante 30 días.
Unha sobremesa de irresistible sabor e de doada preparación! Dálle un gusto ao padal e goza hoxe mesmo da nova torta sen glute de Mercadona.
Outras recomendacións
En Mercadona, temos ao teu dispor máis tortas sen glute. Se aínda non as probaches, recomendámosche gozar da torta Mousse de Limón sen glute de Mercadona, ideal para todos os nosos clientes, incluídas as persoas celíacas!