A Torta do Día da Nai está elaborada con xema tostada, cremosa nata e trufa pasteleira, perfecta para celebrar o seu día especial.

Torta do Día da Nai

02 de maio de 2018

Maio é o mes das nais. Celebra o seu día especial coa Torta do Día da Nai que atoparás en Mercadona . Unha torta Massini de estilo clásico feita con cremosa nata e trufa pasteleira. Entre a nata e a trufa un lixeiro biscoito convértea nun bocado esponxoso. Incorpora unha envoltura de crema de cacao que esvara polos laterais en forma de goteo e sobre a superficie cuberta de xema tostada atoparás unha mensaxe en letras de chocolate: “Es a mellor Mamá”.

Trátase dunha receita artesá, tal e como a prepararía un pasteleiro experto no seu obradoiro.

Ideas para gozar da Torta do Día da Nai

Podes engadirlle á Torta do Día da Nai un toque de cor e sabor: corta amorodos en anacos pequenos que atoparás na froitería de Mercadona e incorpóraos sobre cada porción de torta. O resultado é un bocado delicioso.

Outras recomendacións

Podes sorprender a túa nai tamén, cunha das fragrancias florais Simply Flowers. Peonia, Violeta, Rosa, Azar e Xasmín. Cinco fragrancias cítricas, amadeiradas, doces e empoadas perfectas para a primavera.