AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Fragancias y Tarta del Día del Padre

Torta de Mercadona e lotes de fragrancias para o Día do Pai

16 de marzo de 2017

O 19 de marzo chega ese día tan especial para todos os ‘papás’ do mundo. En Mercadona encontrarás agasallos para o Día do Pai. Desde unha deliciosa Torta moi especial até orixinais fragrancias, cada unha para un estilo diferente.

Lotes de fragrancias de Mercadona para el

Os pais poden ser de calquera idade e teren gustos moi diferentes. Por esa razón, en La Perfumería de Mercadona encontrarás diferentes e orixinais fragrancias para este día, que encaixan con calquera gusto. Un agasallo universal como o perfume, co que expresar o teu agarimo por esa persoa tan especial.

Fragrancia Gesto de Mercadona

Gesto é unha fragrancia urbana, unha opción de perfume que lle agrada tanto a quen ten gustos clásicos como modernos. O lote de Gesto que tes ao teu dispor en La Perfumería de Mercadona inclúe unha auga de colonia de 100 ml, un xel de baño de 100 ml, un desodorizante de 75 ml e unha crema para despois do afeitado de 100 ml.

Cool Wood Bosque Místico

Se procurares un agasallo máis ousado, o lote de Cool Wood Bosque Místico seguro que non o deixa indiferente. Esta fragrancia Cool Wood dispoñible nunha botella de 100 ml agocha notas cítricas e amadeiradas. Alén diso, vén acompañada dun xel de baño (100 ml), dunha crema para despois do afeitado (100 ml) e dun desodorizante (75 ml).

Enciende for him, para os pais máis ousados

A fragrancia máis rebelde tamén está dispoñible en Mercadona. O lote Enciende for him está pensado para os pais máis atrevidos, cunha auga de colonia de 100 ml, un xel de baño de 100 ml, un desodorizante de 75 ml e un xel fixador de 100 ml para un peiteado acorde coa súa personalidade.

Golden Boy, un lote con carácter

O lote Golden Boy é un agasallo ideal para o Día do Pai. Inclúe unha auga de colonia de 80 ml cunha fragrancia vibrante e de gran carácter, un perfume intenso que ademais está presente no resto de produtos incluídos como un xel xampú de 200 ml, un desodorizante de 150 ml e un bálsamo aftershave de 100 ml para despois do afeitado.

Torta do Día do Pai en Mercadona

O festexo deste día tan especial non está completo sen unha deliciosa Torta do Día do Pai.

Nesta ocasión poderedes gozar dunha torta cadrada de 825 gramos (entre 8 e 9 racións), creada a base dunha perfecta mestura entre a galleta, a nata e o chocolate. Descubre as tres capas de galleta bañadas en leite que compoñen esta saborosa torta, entre as que se agocha unha capa de nata e outra de chocolate, unha combinación perfecta cuberta por completo por máis chocolate e un entrañable enfeite coa frase “I love papá” acompañado dun divertido bigote, ambos creados con chocolate branco.

A Torta de Mercadona para o Día do Pai é unha nova mostra do compromiso de Mercadona cos produtos españois, pois está creada pola empresa Granderroble Desserts, na súa fábrica localizada en Villaviciosa (Asturias).

Podes mantela no conxelador até unhas 6 horas antes de a sacar. Nese tempo podes deixala no frigorífico ou ben podes sacala directamente para que se vaia desconxelando a temperatura ambiente unhas 3 horas antes de a servir.

Goza dun evento tan especial como o Día do Pai ofrecéndolle como agasallo algún dos orixinais lotes de fragrancias e aproveita a Torta do Día do Pai, para rematares a festa do xeito máis doce posible.

Outras recomendacións

Se quixeres preparar algo especial para o Día do Pai, aproveita as novas Masas Frescas de Follado con Manteiga de Mercadona e crea incribles receitas doces, lixeiras e moi crocantes.

E se festexares o Día do Pai na casa con algunha das súas comidas preferidas, engádelles un toque moi especial cos novos mollos Burger, Patacas Gajo e Ketchup McDonald´s xa dispoñibles en Mercadona.