Xa tes o teu regalo para o Día da Nai? Axudámosche a elixilo!

Tes xa o regalo para o Día da Nai?

26 de abril de 2021

O Día da Nai é unha data sinalada que non pode pasar sen un detalle. Se aínda non sabes que lle vas regalar, temos á túa disposición as mellores suxestións: lotes de fragrancias, tratamentos de beleza, ambientadores para o fogar, bombóns...

Elixe o regalo máis adecuado para ela e sorpréndea. Túa nai meréceo!

Lotes de fragrancias

Imagen Texto 1 Dia de la Madre

Lot The Rose

  • EDP 100 ml.

  • Pano fular.

A fragrancia destaca por ser fresca e con aroma a froita, xa que ten amorodo e framboesa nas súas notas de saída. O seu carácter floral aparece no corazón grazas á principal protagonista, a rosa. O broche final é o fondo de pachulí, almiscre e vainilla.

Lote Soplo Musk

  • EDP 100 ml.

  • Crema das mans 30 ml.

  • Neceser.

Unha fragrancia chypre floral sofisticada onde as madeiras nobres se funden cos almiscres brancos proporcionando unha sensación de segunda pel.

Lote You Are Perfect

  • EDP 45 ml.
  • Loción corporal 100 ml.
  • Saquiño con tarxeta para dedicatoria.

Fragrancia intensa floral acuática.

Lotes de tratamentos de beleza

Imagen Texto 2 Dia de la Madre

Lote My Moment Face

  • Roller de xade verde.

  • 4 sérum de 15 ml cada un.

Un programa de beleza intensivo de 4 semanas, ideal para comezar en épocas de desgaste e cansazo provocado polo estrés. Recuperador da enerxía e vitalidade da pel.

Contén:

Rodete facial de xade verde: axuda a activar a microcirculación facial e relaxa os músculos faciais. Ten dous cabezais, un máis pequeno e liso (máis específico para a zona dos ollos, nariz e zona labial) e outro máis grande e rugoso.

Apricot sérum (semana 1): efecto recheo, pel compacta e reafirmada (Té negro doce), 15 ml.

Nude sérum (semana 2): estimulador epidérmico, pel osixenada (oligosacáridos), 15 ml.

Green sérum (semana 3): remineralizante, exfoliante natural, pel satinada, poro cerrado (nai perla), 15 ml.

Blue sérum (semana 4): reconstituínte dérmico, pel renovada e reparada (aminoácidos e vitaminas), 15 ml.

Modo de uso:

Axita antes de usar. Comeza a primeira sesión co rostro, pescozo e escote limpos, aplicando o goteiro Apricot sérum. Aplica mañá e noite unha dose completa do contido do contagotas sobre o rostro, pescozo e escote mediante manobras de masaxe coas mans ata a total absorción do produto. Cada noite, despois de aplicar o sérum, masaxea co Roller de xade. Aínda que se prescribe efectuar a masaxe co Roller de xade pola noite, tamén se pode realizar pola mañá despois de aplicar o sérum.

Consello: Deixa o Roller de xade verde no frigorífico 10 minutos antes de usalo, despois fai movementos dende o centro cara a fóra desprazando o rodete pola parte rugosa con movementos contrarios ás agullas do reloxo. Para finalizar realizarase un percorrido co rodete liso por todo o rostro.

Repite o ritual durante 7 días e noites consecutivas, ata esgotar o goteiro Apricot sérum (1.ª semana).

Continúa o ritual na orde numérica dos goteiros utilizando o 2 (2.ª semana) Nude sérum durante os 7 días seguintes, mañá e noite ata esgotar o contido deste goteiro.

Sucesivamente repite co goteiro 3 (3.ª semana) Green sérum e outros 7 días co goteiro 4 (4.ª semana) Blue sérum, completando o mes ou ata esgotar o contido dos 4 goteiros.

O protocolo de aplicación de produtos repítese semanalmente ata completar as 4 semanas.

Lote Body Neceser My Moment

  • Exfoliante corporal en tarro 250 ml.
  • Loción corporal en botella con dosificador 250 ml.
  • Pillow Spray (bruma de almofada) 15 ml.

A súa fragrancia é unha composición olfactiva con notas refrescantes na súa saída que dan paso a outras máis florais e almiscradas. Todas elas cun marcado carácter feminino e delicado.

Modo de emprego:

Exfoliante corporal: aplica sobre a pel húmida mediante unha masaxe con movementos circulares e aclara con auga tibia.

Loción corporal: estende sobre a pel limpa e seca do corpo mediante unha lixeira masaxe ata a súa total absorción.

Pillow Spray: vaporiza sobre o corpo, o cabelo e a roupa da cama.

Lote Hydra Glow Ampolas

Tratamento facial de 14 días para achegar a hidratación e luminosidade ao rostro.

Contén:

14 ampolas: 7 ampolas hidratación + 7 ampolas luminosidade.

Modo de uso:

Pola mañá: ampola hidratante. Utiliza a metade do contido da ampola. Tapa co dosificador e co seu tapón e reserva a cantidade restante para o seguinte día.

Pola noite: ampola luminosidade. Utiliza a metade do contido da ampola. Tapa co dosificador e co seu tapón e reserva a cantidade restante para o seguinte día.

Lote Home Moment Cashmere para o fogar

Imagen Texto 3 Dia de la Madre

Contén:

  • Home vaso.
  • 2 recargas de 50 ml cada unha.
  • 2 kit de 8 mikados de madeira.

Unha nova versión para perfumar o teu fogar de maneira cálida e delicada con esta fragrancia aveludada de acordes florais e a froita, acompañados de notas de vainilla.

Modo de emprego:

Abre a botella Cashmere Moment e xira a rosca no difusor Home Moment. Introduce todas as variñas naturais no interior. O perfume comezará a empapar as variñas e estas propagarano por toda a estancia. Non saques as variñas unha vez impregnadas.

Bombóns La Boutique de Praliné

Imagen  Texto 4 Dia de la Madre

  • Selección de bombóns de chocolate (branco, negro e con leite), recheos de praliné, leite, trufa...
  • 400 g
  • 38 unidades

Outras recomendacións

Sorprende á mellor nai do mundo cunha comida ou cea especial! Elixe entre estas apetitosas receitas.