Probaches o Té Matcha? É orixinario de Xapón e forma parte da súa tradicional cerimonia do té.
Este té de alta calidade obtense das follas enteiras do té verde. Tras un proceso especial de cultivo, recolección e secado, móese para obter un po fino, verde intenso.
O seu sabor agridoce é moi característico, así como o seu fresco aroma, particularmente apreciado polos amantes do té verde.
Cando tomas Matcha estás bebendo o 100 % da folla do té.
Mantén as súas propiedades mestúrelo con auga quente, fría, en smoothie ou co teu leite favorito. Queres saber como preparalo?
Como preparar o Matcha perfecto?
A preparación do Matcha é diferente á doutros tés.
Té Matcha Hacendado ao estilo tradicional
- Ferve auga.
- Baruta 1 stick de Matcha cun coador nunha cunca, cunco ou vaso para evitar grumos.
- Engade a metade da auga.
- Bate enerxicamente ata a disolución do té.
- Engade o resto da auga e remove ata obter escuma na superficie. Podes axudarte dun batedor para conseguir máis escuma.
Prepara o teu Matcha Latte
Se queres tomar Matcha pero che parece que o seu sabor é moi intenso, podes preparar un delicioso Matcha Latte engadindo leite en lugar de auga –recomendamos bebidas vexetais–. E edulcórao ao teu gusto.
Matcha no teu Smoothie
Para empezar o día con enerxía, recomendámosche que prepares un Smoothie de Matcha mesturando as túas froitas e a túa bebida vexetal favoritas xunto a un stick de té Matcha Hacendado, edulcorándoo ao teu gusto.
Smoothie bowl con Matcha para o teu almorzo saudable
Se queres incorporar o Matcha ao teu almorzo completo, un Smoothie bowl ofréceche moitas posibilidades. A nosa suxestión é que o prepares de maneira fácil e rápida con plátano, amorodos, medio aguacate para achegar graxa saudable, unha cunca de bebida vexetal, dátiles en rama como adozante natural e té Matcha. Basta con bater todos os ingredientes e triturar ata que o teu smoothie saia cremoso.
Batido antioxidante con té Matcha
O plus de enerxía, vitaminas e minerais para arrancar a xornada está garantido cun batido antioxidante elaborado con espinacas, té Matcha e amorodos con chía, ben fresquiño. A combinación do sabor das froitas co das espinacas é deliciosa. Ademais, podes tomalo para refrescarte á media tarde ou en calquera momento do día.
Outras recomendacións
Busca o teu momento perfecto para gozar da nosa variedade de Infusións Funcionais, ideais para coidarte en calquera época do ano.
Dámosche ideas para manter o teu corpo hidratado as 24 horas do día.