AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

O Té Matcha Hacendado é de alta calidade, procedente das follas do té verde.

Té Matcha Hacendado. O té xaponés de moda

23 de xaneiro de 2018

O Té Matcha é orixinario de Xapón e da súa tradicional cerimonia do té.

É un té de alta calidade, que se obtén das follas enteiras do té verde que, tras un proceso especial de cultivo, recolección e secado, móese para obter un po fino, verde intenso. O seu sabor agridoce é moi característico, así como o seu fresco aroma, particularmente apreciado polos amantes do té verde.

Cando tomas Matcha estás bebendo o 100% da folla do té.

10 cuncas de té verde igual a 1 cunca de matcha.

Mantén as súas propiedades se o mesturas con auga quente, fría, en smoothie ou coa túa bebida vexetal favorita.

Como preparar o Matcha perfecto?

A preparación do Matcha é diferente á dos outros tés. A continuación, propoñémosche tres maneiras diferentes de preparalo. Elixe a que máis che guste, ou mellor, próbaas todas!

Té Matcha Hacendado ao estilo tradicional:

  • Ferver auga.
  • Barutar 1 stick de Matcha cun coador nunha cunca, nun cunco ou nun vaso para evitar grumos.
  • Encher media cunca pola metade coa auga.
  • Bater enerxicamente ata a disolución do té.
  • Engadir o resto da auga e remover ata obter escuma na superficie. Podes axudarte dun batedor para conseguir máis escuma.
  • Edulcorar ao gusto de cada un.

Prepara o teu Matcha Latte:

Se queres tomar Matcha pero che parece que o seu sabor é moi intenso, podes preparar un delicioso Matcha Latte, engadindo bebida vexetal en lugar de auga. E edulcóralo ao teu gusto.

Smoothie de Té Matcha:

Se queres empezar o día con enerxía, recomendámosche que fagas un Smoothie de Matcha seguindo estes pasos:

  • Engadir nun vaso americano plátano, mazá, bebida vexetal batida e o té matcha.
  • Edulcorar segundo o gusto e bater.

Outras Recomendacións

Completa o teu almorzo con estas Tostas de Novos Hábitos que che propoñemos. Pequenos bocados que serven de almorzo ou xantar perfectos para calquera momento.