Xa podes saborear a auténtica e típica sopa asiática coa Sopa con Wonton de Lagostino de Mercadona.
A Sopa con Wonton de Lagostino é unha deliciosa receita chegada directamente de Tailandia, que se consome de xeito habitual en toda Asia. Nos Estados Unidos é número 1 de vendas e por fin chegou a España, en dúas modalidades para escolleres a que prefiras: Sopa con Wonton de Lagostino e fideos, e Sopa con Wonton de Lagostino (sen fideos).
2 variedades para escoller:
Podes encontrar a Sopa con Wonton de Lagostino de Mercadona en dúas variantes.
- Sopa con Wonton de Lagostino:
Elaborada a base de deliciosos lagostinos enrolados en pasta, acelga chinesa e unha saborosa sopa.
Este prato é recomendable para o servir como entrante antes dos pratos principais dunha comida.
- Sopa con Wonton de Lagostino e Fideos. Neste caso tes os apetitosos lagostinos enrolados en pasta Wonton acompañados dos característicos fideos Ramen, ademais de incluíren tamén acelga chinesa e sopa.
Esta receita contén unha ración que se pode servir como prato principal dunha comida para unha persoa ou, tamén, como prato para compartir entre todos os comensais.
Como preparares a Sopa con Wonton de Lagostino de Mercadona
A Sopa con Wonton de Lagostino que encontrarás en Mercadona, nas súas dúas variantes (con e sen fideos), é moi doada de preparar. Está presentada nun recipiente que simplemente tes que abrir e engadir auga até a marca do bol. A continuación colocamos o testo sen o cerrar por completo, dado que así permitiremos a saída do vapor durante a cocción.
O mellor de todo é que previamente podes gardar a Sopa con Wonton no conxelador ou no frigorífico. Pódese preparar directamente dos dous xeitos, a única diferenza é que conxelada poderala conservar até 18 meses sen perder a súas propiedades, mentres que desconxelada no frigorífico cómpre consumila antes de que pasen 3 días.
Unha vez aberto o envase e cheo de auga, o único que debes facer é introducir o bol no microondas. Ao seren dúas sopas con ingredientes diferentes, o tempo de cocción tamén varía.
- Sopa con Wonton de Lagostino: simplemente tela que quentar no microondas á máxima potencia (900 - 1000 Watios) durante 4 minutos.
- Sopa con Wonton de Lagostino e Fideos: no entanto, debe estar no microondas á máxima potencia até 6 minutos. Cómpre, para unha presentación e cocción perfecta, sacala aos 3 minutos e remexer un chisco os fideos.
En apenas 4 ou 6 minutos podes ter lista unha auténtica receita típica de Asia. Goza agora na comida ou como entrante da Sopa con Wonton de Lagostino e da Sopa con Wonton de Lagostino e Fideos que só encontrarás en Mercadona.
Outras recomendacións
Outra especialidade oriental que tes dispoñible en Mercadona son os Fideos Orientais de Polo Yum Yum, unha deliciosa receita moi cómoda de preparar en apenas 3 minutos.
E se quixeres un prato oriental con lagostinos e curry, recomendámosche o Arroz Tikka Masala de Hacendado, tamén moi doado e rápido de preparar, cun sabor único grazas ás súas sementes de papoula.