Ensaladas de Mercadona, productos de proximidad listos para consumir.

Sigue unha dieta mediterránea coas nosas saladas

05 de maio de 2017

As saladas son básicas na nosa dieta mediterránea, característica do noso estilo de vida.

Nada mellor para te coidares que consumir produtos frescos e naturais. Mercadona poncho moi doado coas súas saladas elaboradas en España, que permiten a súa combinación cunha gran variedade de ingredientes en exquisitas receitas. Ademais, son moi prácticas e sinxelas de preparar.

Gran variedade de saladas de Mercadona, listas para consumires

Ofrecémosche saladas saborosas e listas para consumir para toda a familia, que se distinguen pola súa ampla variedade e máxima frescura, para que prepares os teus menús do xeito máis práctico posible.

Estas saladas listas para consumires elabóranse con 30 tipos diferentes de verduras. É o caso das clásicas “4 Estaciones” ou “Iceberg”, e tamén doutras máis especiais como “Brotes tiernos” ou a salada preparada “Ensalight”.

Estas saladas pertencen ao interfornecedor Verdifresh. Estas saladas facilítanlle ao consumidor unha dieta sa e equilibrada, con alimentos baixos en calorías, que permiten cumprir ademais coa recomendación de consumir 5 racións de froitas ou vexetais por día.

Saladas de Mercadona elaboradas en España con materias primas de proximidade

Mercadona continúa fiel ao seu compromiso cos produtos de proximidade. Neste caso, as materias primas son españolas e a elaboración realízase tamén no noso país.

Os vexetais de folla, como a leituga iceberg, a escarola, a eiruga, as espinacas, os gromos da col de Batavia ou a leituga lollo, que compoñen estas saladas, proceden do sueste peninsular. Verdifresh tamén conta con fornecedores agrícolas noutras rexións como Castela e León, ou cultivos propios nas Illas Canarias, algo que permite asegurar sempre a máxima frescura e o servizo constante os 365 días do ano.

Para garantir o cultivo en territorio nacional ao longo de todo o ano, Verdifresh diversifica xunto cos seus fornecedores as zonas de produción onde recolle os vexetais e as hortalizas. Así, durante oito meses os principais cultivos localízanse en zonas costeiras do sueste peninsular, e nos meses máis cálidos a produción transládase a zonas altas como Granada, Almería ou Albacete.

Verdifresh traballa con máis de 50 produtores agrícolas locais, todos eles certificados polo estándar internacional Global GAP de boas prácticas agrícolas.

Finalmente, os produtos Verdifresh elabóranse nas catro plantas que a compañía ten en España: Ribarroja (Valencia), Antequera (Málaga), Aranda de Duero (Burgos) e Granadilla de Abona (Tenerife).

Prepara o teu menú cunha das saladas de Mercadona, coida da túa saúde e goza do pracer máis natural.

Outras recomendacións

Unha salada non está completa sen o seu tempero. Emprega Aceite de Oliva Virxe Hacendado ou o máis puro Aceite de Oliva Virxe Extra Hacendado, o que prefiras.