Ensinámosche a preparar receitas de carne, peixe e aperitivos para este Nadal.

Selección de Receitas especiais para este Nadal

04 de decembro de 2019

O Nadal é época de reunións, reencontros, comidas e ceas nas que compartimos momentos con familiares ou amigos que poden ser inesquecibles. Por iso é conveniente coidalas ao máximo, sobre todo se somos os anfitrións.

Por se acaso nestas festas tes invitados para comer ou cear, preparamos unha coidada selección de Receitas de Mercadona coas que sorprenderás os teus seres queridos.

Todas as nosas suxestións son deliciosas e moi fáciles de preparar. Escolle a que mellor se adapte aos vosos gustos e necesidades, presta atención aos tempos de preparación, e toma nota!

Receitas de Carne de Mercadona

Fáciles, rápidas ou con maior elaboración, pero sempre saborosas. Se aos teus invitados lles gusta a carne, calquera destas receitas che asegura o éxito da túa comida ou cea de Nadal.

A nosa selección de receitas de carne para este Nadal inclúe:

  • Pava ao forno
  • Solombo
  • Leitón asado
  • Recheo de tenreira
  • Pa de cordeiro asada
  • Pa de porco asada (Canarias)

Todos os ingredientes que necesitas para preparar estes pratos encontraralos na nosa carnicería. Atención aos nosos consellos para redondear os guisos e presentalos da forma máis atractiva.

Para seguir a súa elaboración paso a paso, descarga as receitas de carne de Mercadona:

Receitas de Carnes

Navidad 2019 Portada folleto Carnes

Receitas de Peixe de Mercadona

Se os teus invitados prefiren o peixe, en Mercadona ofrecémosche unha boa recompilación de suxestións para que os agasalles como merecen. Ben sexan diferentes variedades de peixe ou marisco, ensinámosche a elaborar estes guisos de cara ás festas.

A selección de receitas de peixe de Mercadona para este Nadal inclúe os seguintes pratos:

  • Pescada
  • Salmón á prancha
  • Lombos de bacallau
  • Colas de lagostinos
  • Gambóns
  • Mexillóns á mariñeira

O peixe e o marisco necesarios para estas receitas telos á túa disposición na nosa peixería. A continuación, podes consultar e descargar as receitas de peixe de Mercadona. Importante: atención á táboa de tempos de cocción!

Receitas de Peixe e Marisco

Navidad 2019 Portada folleto Pescado

Aperitivos de Mercadona

Sempre debes contar cun bo repertorio de aperitivos da nosa Chacinería, imprescindibles en calquera reunión de Nadal que se gabe. Unha coidada variedade de entrantes pode ser ideal para romper o xeo e encarrilar con bo ambiente calquera comida ou cea.

A selección de receitas de aperitivos de Mercadona é a seguinte:

  • Foie de pato
  • Queixo ás finas herbas con crudités
  • Pan recheo de queixo
  • Rolos de xamón cocido
  • Crocante de queixo de cabra

Todos os ingredientes que requiren estas preparacións encontraralos nas nosas tendas. Consulta e descarga estas receitas de aperitivos de Mercadona.

Receitas de Aperitivos

Aperitivos Navidad 2019 Portada folleto

Outras recomendacións

Se buscas máis ideas para as túas comidas e ceas de Nadal, podes botar unha ollada á nosa sección de receitas.