AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Xa sabes que vas regalar o Día da Nai? Aquí tes as nosas suxestións, vanlle encantar.

Regalos especiais para a mellor nai

29 de abril de 2019

Achégase o Día da Nai. Xa pensaches que lle vas regalar? O domingo 5 de maio sorpréndea cos regalos máis especiais. Porque “nai non hai máis ca unha”… pero en Mercadona podes escoller entre un montón de obsequios para ela.

Se lle gusta o doce podes levarlle os nosos Bombóns, as Delicias de Abelás, a nosa Torta do Día da Nai… E se buscas outro tipo de regalos dispós de varios lotes de perfumería, para que acertes cos seus gustos e co seu estilo.

Escolle o regalo ideal para túa nai, demóstralle o teu cariño e celebra ese día tan entrañable ao seu lado. Encantaralle!

Tortas e bombóns para a nai máis doce

Texto 1 Imagen Día de la madre Lotes

Bombóns variados

Se a túa nai lle gustan os bombóns, xa tes o regalo ideal para ese día: unha caixa de Bombóns variados Boutique de Praliné.

Dispoñible nun elegante estoxo de 400 g, esta selección componse de diferentes bombóns de exquisito chocolate (branco, negro e con leite) recheos de praliné, leite, trufa…

Delicias de abelá

Regálalle a túa nai unha sublime experiencia, a que ofrecen as nosas Delicias de abelá: un delicioso chocolate que envolve un barquillo crocante que, á súa vez, agocha un sorprendente recheo no seu interior formado por crema e abelás.

Un estoxo de 18 unidades cunha coidada presentación, que inclúe no seu interior unha práctica bandexa. Outro doce detalle para obsequiar a esa persoa que sempre estivo aí.

Torta do Día da Nai

Texto 2 Imagen Día de la madre Lotes

Sorprende a túa nai coa torta máis especial e aproveita para dicirlle canto a queres. A nosa Torta do Día da Nai baséase nunha receita artesá de nata e trufa. Contén 10 racións.

Presenta unha capa de nata no exterior e unha capa interna de trufa pasteleira, elaborada con auténtico chocolate. Entre capa e capa dispuxéronse tres biscoitos que achegan zume e estrutura á torta. Unha cobertura de chocolate rosa cae polos laterais.

Ademais, a decoración consiste nunha mestura de merengues, pétalos de rosa e crocante de améndoa con chocolate. Todo iso rematado cunha chapiña de chocolate na que pode lerse: “Te quiero Mamá”.

Presentada nun coqueto envase transparente e un cartonciño con motivos florais.

É de edición limitada.

Lotes de perfumería para unha nai perfecta

Lote facial Oro

Texto 3 Imagen Día de la madre Lotes

A túa nai encantaralle sentir a maxia do ouro na súa pel. Este lote contén:

  • Crema Limpadora Oro 100 ml Deliplus.
  • Crema Protectora Día Oro SPF15 Deliplus, 50 ml.
  • Crema Noite Multirrexeneradora Oro Deliplus, 50 ml.

Modo de uso/aplicación

  • Crema Protectora Día Oro SPF15 Deliplus: aplicar pola mañá sobre a pel limpa mediante unha lixeira masaxe no rostro, no pescozo e no escote. Evitar o contorno dos ollos.
  • Crema Noite Multirrexeneradora Oro Deliplus: aplicar pola noite sobre a pel limpa mediante unha lixeira masaxe no rostro, no pescozo e no escote. Evitar o contorno dos ollos.
  • Crema Limpadora Oro Deliplus: aplicar pola mañá e/ou pola noite sobre o rostro, o pescozo e o escote mediante unha suave masaxe circular coas xemas dos dedos. Aclarar con abundante auga ou retirar cun algodón. Para un óptimo resultado aplicar despois as cremas faciais Gold Progress. Evitar o contorno dos ollos.

Lote Rose Nude

Texto 4 Imagen Día de la madre Lotes

Unha fragrancia floral pode ser o regalo ideal para este día. O lote contén o perfume Rose Nude 75 ml, acompañado dun neceser.

Fragrancia de saída e corazón floral, con base rosa. Unha marabillosa creación que mostra as facetas do pétalo de rosa: frescura e suavidade sobre unha suave capa de madeira aveludada.

Lote Elección

Texto 5 Imagen Día de la madre Lotes

Túa nai merece nun día tan importante un lote de perfume coma este, composto pola Eau Parfum Elección 100 ml e un neceser. Trátase dunha sofisticada fragrancia feminina que se abre cunhas aditivas notas de melocotón, pera e framboesa, refrescadas pola bergamota de Sicilia, o pomelo rosa e a clementina. No seu corazón descubrimos un delicado buqué floral de peonias e violetas, moldeadas por un sorprendente acorde de pementa rosa. No seu fondo, a nobreza das notas amadeiradas de pachulí e musgo de carballo, realzada pola sensualidade da vainilla de Madagascar e os almiscres brancos. É de edición limitada.

Lote You Are Perfect

Texto 6 Imagen Día de la madre Lotes

O lote perfecto para que túa nai estea sempre estupenda: crema das mans e do corpo 80 ml e eau de parfum 50 ml con frasco en forma de corazón. Edición limitada.

Outras recomendacións

Se aínda non tes claro o regalo para túa nai, bota unha ollada á nosa sección de Perfumería.

Ao mellor queres sorprender a túa nai cociñando ou tal vez buscades ideas para o menú do Día da Nai. Entra na nosa sección de Receitas para inspirarte.