Co Recheo para Empanadas e Empanadillas sen glute Hacendado é moi doado realizar os teus pratos caseiros ao estilo tradicional.

Recheo para Empanadas e Empanadillas: Receita Caseira

20 de novembro de 2017

O Recheo para Empanadas e Empanadillas Hacendado está elaborado con tomate de receita artesá e cociñado durante varias horas con ovo cocido, atún, cebola, pemento, sal e aceite de oliva. Para alén de ser sen glute, polo que é apto para celíacos.

Está listo para utilizares, non fai falta estonar os vexetais nin sofrixilos, grazas a isto aforrarás tempo na cociña. Abre o envase e engádeo ás túas masas directamente: dous envases han de ser abondo para unha empanada e un só envase para varias empanadillas. Alén diso, podes empregalo tamén como condimento para outros pratos: carnes, peixes ou polo.

Unha vez aberto cómpre conservalo no frigorífico e consumilo antes de 5 días.

O Recheo para Empanadas e Empanadillas está elaborado por Cidacos, en Coria (Cáceres).

Modo de preparación:

  • Frixideira: Pór o recheo no interior da masa, pechar xuntando os bordos, selar cun garfo e fritir até as empanadillas ficaren douradas.
  • Forno: Prequentar o forno a 220º, pór o recheo na masa a traballar (empanada ou empanadillas), estender e pechar xuntando os bordos, pintar con ovo e enfornar durante 25 minutos a 200ºC.

Dependendo da receita a preparar, polo tipo de masa, cómpre que a masa estea aproximadamente 3 minutos na frixideira ou 25 minutos no forno.

Unha vez elaboradas as empanadas ou as empanadillas, pódense conxelar.

Un consello!

De faceres empanadillas, pódelas cociñar fritidas ou ao forno. Se decides enfornar, píntaas previamente con ovo batido e acadarás un resultado crocante e saboroso como se se tratase da receita da túa avoa.

Outras Recomendacións

Utiliza a Masa de Follado sen glute xa preparada para cociñares as túas empanadas ou empanadillas.

Ademais, non perdas o Tomate Receita Artesá Hacendado, rico, rico, ou o Preparado de Pataca e Cebola Fritida para facer as túas mellores tortillas.