A Peixería de Mercadona proponche unha interesante variedade de receitas para compartir cos teus seres queridos nestas datas tan especiais. Entre outros pratos de peixe e marisco, suxerímosche luras recheas, pescada, tortaletas de surimi, mexillóns en salsa e salmón ao forno, con elaboracións moi orixinais e apetecibles. Descóbrelas con nós?
Aprende a preparar estas deliciosas receitas e sorprende os teus invitados este Nadal. Descarga dende aquí todas as receitas da Peixería de Mercadona:
O salmón é un saboroso peixe que, cociñado ao forno, mantén toda a elegancia do seu sabor. Esta receita de Salmón ao Forno con Beicon e Cebola Acaramelada aderézase con dúas texturas de tomate que lle achegan frescura e un atractivo toque de cor. Unha aposta segura para acertar durante os teus xantares e as túas ceas do Nadal.
Sigue el vídeo de la receta de Salmón al Horno con Bacon y Cebolla Caramelizada
Ingredientes para 4 persoas:
- 4 lombos ou filetes de salmón fresco sen espiñas de 200 g aproximadamente cada un.
- 2 bandexas de tacos de beicon.
- 6 culleradas sopeiras de cebola acaramelada.
- 2 tomates medianos.
- 8 tomates cherry.
- Ceboliño.
- Caiena.
- Popurrí de pementas.
- Sal gordo.
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa deste prato exquisito.
1. Nunha fonte de forno colocar 8 toros de tomate.
2. Colocar sobre os toros de tomate os catro lombos de salmón coa pel cara a abaixo.
3. Salpementar como nos guste.
4. Incorporar sobre os lombos de salmón a cebola acaramelada.
5. Engadir as tiras de beicon.
6. Enfornar durante 15-20 minutos a 180º.
7. Empratar con 2 tomates cherry partidos pola metade e esparexer ceboliño picado e caiena esmiuzada.
Outras recomendacións
Visita o noso apartado de receitas se necesitas máis ideas para cociñar este Nadal e sorprende os teus invitados
Para abrir boca, nada como uns entrantes que nos preparen para o prato principal. Selecciona os que máis che gusten.