No Nadal é frecuente organizar festexos entre amigos e familiares, con comidas e ceas nas que compartir tempo cos nosos seres queridos. Se tes convidados na casa estes días e estás a pensar nuns pratos cos que sorprendelos, propoñémosche unha selección de receitas de Mercadona, coas que preparar saborosos pratos de carne, peixe ou chacinería.
As receitas de Mercadona que che propoñemos para estas festas son ben sinxelas de preparar. Ademais, cada unha ten un tempo de elaboración diferente, para que poidas escoller a que mellor se adapte ás túas necesidades en cada ocasión.
Receitas de carne de Mercadona
Nestas festas sorprende os teus convidados coas receitas de carne de Mercadona, ideais para calquera festexo do Nadal, ben sexa xantar ou cea. Podes escoller entre rápidas receitas de carne que non requiren nin dunha hora de preparación ou ben outras receitas máis elaboradas. Para todas elas, ademais, ofrecémosche uns trucos ou consellos cos que mellorares máis aínda a presentación e dares un toque diferente aos teus pratos.
Na nosa selección de receitas de carne de Mercadona encontrarás o xeito de elaborar pratos como os seguintes:
- ao Viño Tinto sobre Vexetais de Tempada
- Pavo Pequeno Recheo
- Cordeiro ao Forno
- Leitón Asado
- Lombo Asado ao Sal con Ananás
- Solombo de Porco con Mazá Acaramelada
Todos os ingredientes precisos para preparares estas saborosas receitas encontraralos na carnicería de Mercadona. Para veres polo miúdo cada elaboración, podes consultar e descargar as receitas de carne de Mercadona desde aquí:
Receitas de peixe de Mercadona
De o preferires, tamén che ofrecemos estas receitas de peixe de Mercadona, rápidas e doadas de preparar e coas que os teus comensais quedarán cativados. Como cada tipo de marisco require dun tratamento diferente, podes consultar tamén a táboa de tempos de cocción para o marisco que incluímos. Ademais, engadimos algúns consellos extra para mellorares aínda máis a presentación de cada prato.
Na nosa selección de receitas de peixe de Mercadona explicámosche como elaborar pratos coma estes:
- Volováns recheos de Gambas Vermellas con Cogumelos
- Gambas Vermellas mariñadas
- Pescada en Prebe de Gamba Vermella
- Peixe sapo con Ameixas e Gambas
- Polbo ao Lagareiro
O peixe e o marisco necesario para todas estas receitas encontraralo sempre na peixería de Mercadona. Para consultares e descargares as receitas de peixe de Mercadona, podes facelo desde aquí:
Receitas da chacinería de Mercadona
Como petisco ou entre os distintos pratos, as nosas receitas da chacinería de Mercadona cativarán os teus convidados polo seu delicioso sabor e deixaralos abraiados coa orixinal presentación de todos eles. As receitas da chacinería, ademais, non requiren cocción polo que só terás que te preocupar de utilizar os ingredientes axeitados tal e como che detallamos.
Na nosa selección de receitas da chacinería de Mercadona explicámosche como preparar estes deliciosos pratos:
- Chopo de Queixo
- Lagostinos con Melón e Xamón Ibérico
- Turrón de Queixo Camembert
- Crocante de Queixo de Cabra
- Canapé de foie e Xamón de Pato
- Tiramisú
Os ingredientes precisos para estas irresistibles preparacións, pódelos conseguir na chacinería de Mercadona. E para saberes exactamente como preparalas, podes consultar e descargar as receitas da chacinería de Mercadona desde aquí:
Este Nadal aproveita as nosas receitas de carne, peixe e chacinería de Mercadona e goza delas na compaña de amigos e familiares.