Temos a mellor selección de produtos para as túas táboas de chacinería. Próbaas!

Táboas de chacinería, a mellor petiscada para este Nadal

06 de novembro de 2023

Algúns produtos só están dispoñibles na Campaña de Nadal

Coñeces as nosas propostas de táboas de chacinería para este Nadal? Son pratos estrela que garanten unha excelente petiscada nestas datas, inmellorables para compartir momentos especiais con familiares e amigos. Ademais, velas preparadas sobre as mesas é todo un espectáculo, un pracer para os sentidos que tamén entra pola vista.

O mellor é a coidadosa selección destas Táboas de embutidos, queixos e patés e a exquisita combinación de sabores que nos regalan. Inclúen unha variedade e unha calidade de produtos capaces de satisfacer o padal máis esixente. Detallámoschos a continuación para que sigas a tradición das Táboas de chacinería neste Nadal.

Que táboas de chacinería che propoñemos este Nadal?

Táboa de queixos

Tablas de charcutería, el mejor picoteo para esta Navidad.

Cada queixo desta táboa é unha obra mestra, coa súa propia historia e carácter, testemuño da artesanía e da diversidade que a elaboración deste produto nos ofrece. Acompáñanos nesta viaxe de sabor e descubrimento. Sigue as nosa proposta de cata na orde que che propoñemos.

  • Rolo queixo de cabra: lácteo de textura suave e forma cilíndrica, confeccionado a partir de leite de cabra.
  • Queixo brie: un clásico francés, recoñecido pola súa textura sedosa e o seu suave sabor. A súa codia de mofo branco comestible confírelle un toque distintivo e sofisticado, converténdoo nunha elección elegante.
  • Semicurado de cabra: feito con leite de cabra, este queixo logra un equilibrio entre o carácter do leite e a súa textura firme pero lixeiramente suave grazas ao proceso de maduración.
  • Camembert con trufa: de orixe danesa, con textura cremosa e sabor equilibrado. Enriquécese coa aromática trufa, que converte este queixo nunha elección gourmet.
  • Anello ibérico: con textura firme, elaborado con leites crus de vaca, ovella e cabra. O seu longo proceso de maduración confírelle un sabor intenso con matices terrosos e un matiz salgado.
  • Crema de queixo brie con trufa: unha variante do brie con toque de trufa. A súa textura suave e cremosa convérteo nun manxar selecto.
  • Cheddar curado: este queixo británico caracterízase polo seu sabor intenso e a súa textura firme, resultado dun proceso singular de maduración.
  • Gorgonzola: é un queixo italiano de pasta azul, cun lixeiro sabor picante e unha textura cremosa.
  • Vello tostado: combina a riqueza dun queixo madurado cun toque afroitado no seu sabor.
  • Roquefort: queixo azul francés famoso polo seu sabor forte e a súa produción nas covas de Mont de Combalou, onde o penicillium roqueforti lle confire o seu aspecto e sabor característico.
  • Anello seco de ovella: este tesouro culinario é producido con leite de ovella cru, que tras o seu proceso de maduración obtén un sabor intenso excepcional.

Suxestión: leva a túa táboa de queixos a outra dimensión de sabor e textura acompañándoa con sabores doces e frescos de froitas, como mazás, peras ou uvas. Tamén con froita deshidratada, como orellóns, dátiles sen óso, froitos secos e tostas.

Táboa de ibéricos

Tablas de charcutería, el mejor picoteo para esta Navidad.

Seleccionamos os mellores embutidos ibéricos, seguindo a nosa tradición culinaria de sabores auténticos. Unha experiencia inesquecible en cada bocado.

  • Xamón de ceba ibérico: un dos produtos máis populares e internacionais da nosa gastronomía, insubstituíble nesta táboa de embutidos. O seu proceso de curación de 18 a 36 meses confírelle un sabor intenso e unha textura zumarenta, apreciados en todo o mundo.
  • Chourizo de porco ibérico: outro imprescindible. Elaborado con carne de porco ibérico, alimentado con penso e pasto natural durante a súa fase de ceba. Condiméntase con especias que lle dan o seu sabor afumado e lixeiramente picante. Despois dun proceso de curación, o chourizo de ceba ibérico convértese nun saboroso embutido que se pode gozar en rebandas, pratos diversos e de aperitivo.
  • Salchichón ibérico: non pode faltar nesta selección de ibéricos. Presenta unha textura firme e un sabor equilibrado, elaborado con especias. Á parte do seu importante papel nunha táboa de embutidos, pódese gozar en rebandas finas como aperitivo e tamén é un ingrediente versátil en diversas preparacións culinarias.
  • Lombo de ceba ibérico: o cuarto esencial da nosa táboa de embutidos. De textura firme pero tenra, ten un sabor equilibrado e o toque das especias utilizadas na preparación. Adóitase cortar en finos liscos e consómese en táboas de embutidos coma esta, pero tamén en bocadillos. Ademais, utilízase na cociña para enriquecer unha variedade de pratos. O lombo de ceba ibérico é altamente apreciado na gastronomía española.
  • Dátiles con beicon: unha exquisitez para a túa táboa que combina a dozura dos dátiles coa salinidade e co sabor afumado do beicon. Moi populares como aperitivo ou tapa.

Suxestión: se acompañas a túa Táboa de embutidos ibéricos con conservas en vinagre, como cogombriños e alcaparras, e súmaslles uns picos campeiros ou unhas regañás, levarás a túa experiencia culinaria a outro nivel.

Táboa de patés

Tablas de charcutería, el mejor picoteo para esta Navidad.

Prepárate para descubrir unha táboa de patés elegante, elaborada con ingredientes selectos e de sabores extraordinarios, perfectamente combinados.

  • Selección de 4 mousses (de pato e oca): preséntanse en bandexa, listo para abrir e servir. Patés de 50 g elaborados con foie-gras de pato e marmelada por enriba. Cinco sabores diferentes:
    • Natural
    • Cabaza
    • Carne confeitada e xelatina de trufa
    • Pedro Ximénez
    • Cebola confeitada
  • Bloque de foie-gras de pato con recheo de queixo de cabra: gran sabor a pato unido ao distintivo sabor do queixo de cabra. Ideal para servir en liscos en tostadas.
  • Paté fresco con trufa e arandos: unha delicia para os amantes dos sabores complexos e elegantes. A base do paté é rica e untuosa, o que o fai perfecto para untar en pan tostado, crackers ou galletas salgadas.
  • Paté Viño de Porto: o porto achégalle un sabor suave e afroitado, con matices a froitos secos e un toque de licor, creando unha experiencia gustativa refinada e única. A base do paté é cremosa e suave, polo que é perfecto para untar en pan tostado, crackers ou galletas salgadas.
  • Paté ibérico con trufa: a trufa, co seu distintivo aroma e sabor terroso, imparte profundidade e sofisticación ao paté, creando un equilibrio perfecto entre a calidade do porco ibérico e a elegancia da trufa. A base do paté, elaborada con carne de porco ibérico, achega unha textura suave e graxa que se unta facilmente.
  • Paté de xabaril con boletos: a carne de xabaril proporciónalle unha base rica e carnosa ao paté, co seu distintivo sabor silvestre e terroso. Os boletos, co seu sabor umami e suavidade, equilibran a intensidade da carne de xabaril e achéganlle unha textura sedosa e deliciosa ao paté. Este paté é versátil e pódese gozar de varias maneiras. Sérvese comunmente como aperitivo en reunións e eventos especiais, untado en pan tostado, crackers ou galletas salgadas.
  • Paté de polo asado: o paté de polo asado é unha delicia para os amantes dos sabores afumados e suaves. A carne de polo asado proporciónalle unha base cremosa e suave ao paté, co seu característico sabor afumado e unha textura tenra. Os condimentos e as especias utilízanse para realzar o sabor e darlle un matiz aromático adicional.

Suxestión: para contrastar sabores e complementar texturas da forma máis deliciosa, acompaña esta rica táboa de patés con froitas deshidratadas, como orellóns, dátiles sen óso, pan con pasas...

Outras recomendacións

Uns grandes aliados para as túas Táboas de Chacinería son os nosos Picos sen glute, pauciños de pan ao forno moi versátiles cos que podes enrolar o embutido e acompañar os queixos e patés.

Se che gusta o queixo, pero es intolerante á lactosa, propoñémosche unha exquisita selección de Queixos sen lactosa.

Se as táboas de chacinería son ideais para compartir ao principio ou durante a comida, unha táboa de doces na que non falten os Turróns é ideal para finalizala. Bo proveito!