Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".
Na Chacinería de Mercadona temos un montón de suxestións para as túas receitas do Nadal. Pratos exquisitos e fáciles de preparar cos que poderás agasallar os teus invitados ou celebrar unha estupenda comida ou cea en familia.
Déixate sorprender polo inigualable sabor da nosa ampla variedade de queixos, xamón de parrulo, lombo embuchado, chacina… todos eles ingredientes suculentos para preparar as mellores receitas neste Nadal.
Para ver en detalle cada elaboración, podes consultar e descargar as receitas da Chacinería de Mercadona dende aquí:
A continuación contámosche o paso a paso dunha destas Receitas de Chacinería: nestas festas reinterpretamos para ti o mascarpone, un queixo utilizado tradicionalmente en grandes sobremesas italianas. A Crema de Queixo Mascarpone con Mazás e Marmelo combina o carácter saboroso dos lácteos, a frescura afroitada das mazás e o toque doce do marmelo nunha sobremesa orixinal e deliciosa.
Sigue o vídeo da receita de Crema de Queixo Mascarpone
Ingredientes para 4 persoas:
1 terrina de queixo Mascarpone 500 g.
50 g de azucre branco ou substituír por 50 g de edulcorante granulado.
25 ml de licor de Amaretto.
4 claras de ovos.
1 mazá Granny Smith.
1 mazá Fuji.
1 roliño de queixo de cabra.
1 paquete de améndoa laminada.
1 terrina de doce de marmelo.
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta apetecible sobremesa.
1. Nun recipiente montar a punto de neve as claras de ovo co azucre ou co edulcorante.
2. Engadir o Mascarpone e o Amaretto.
3. Mesturar e reservar na neveira.
4. Cortar en tacos as mazás coa pel.
5. Cortar en tacos o rolo de queixo de cabra.
6. Facer bólas de doce de marmelo.
7. Poñer unha capa de crema de Mascarpone nun vaso ancho.
8. Engadir mazá e marmelo tamén cortado en tacos.
9. Engadir outra capa de Mascarpone.
10. Seguir sucesivamente ata crear varias capas.
11. Rematar cunha bóla de marmelo e anaquiños de queixo de cabra.
12. Decorar con dous cuarteiróns finos de mazá e con améndoas laminadas.
Outras recomendacións
Se queres aprender a preparar outros pratos para os teus xantares e as túas ceas, visita o noso apartado de receitas.
O Nadal é época de reunións, reencontros, comidas e ceas nas que compartimos momentos con familiares ou amigos que poden ser inesquecibles. Por iso é conveniente coidalas ao máximo, sobre todo se somos os anfitrións.
Por se acaso nestas festas tes invitados para comer ou cear, preparamos unha coidada selección de Receitas de Mercadona coas que sorprenderás os teus seres que...
Bombóns, turróns, trufas, manteigadas, polvoróns... que rica variedade de doces podemos gozar no Nadal! Unha tradición que cumprimos ano tras ano.
Prepara as festas con tempo e elixe os teus doces favoritos para telos listos cando cheguen as reunións do Nadal. Dispoñemos dunha ampla oferta para que poidas ofrecerlles aos teus invitados o que máis lles guste.
Conforme nos metemos no outono apetecen cada vez máis os pratos de culler quentes, que nos alivian da baixada de temperaturas e nos preparan para recibir o inverno.
Presentámosche a nosa exquisita receita de Sopa Minestrone, elaborada fundamentalmente con verduras. Unha sopa tradicional, rica en sabores e combinacións de texturas, que podes preparar na túa propia casa. É moi fácil.