Sigue a guía paso a paso para elaborar un delicioso guiso de Pa de Cordeiro Asada con Salsa de Trufas.

Receitas de Carnicería para estas festas

07 de decembro de 2018

Os pratos principais con carne son clásicos nestas datas do Nadal. A Carnicería de Mercadona suxíreche diferentes receitas para estas festas: lombo, cordeiro, polo de campo, tenreira, porco… con todo o sabor das carnes e todo o cariño e a dedicación que se pon na súa elaboración. Para que as compartas cos teus amigos e familiares nesta época do ano tan especial.

Consulta o paso a paso de todas estas receitas que che ofrece a Carnicería de Mercadona dende aquí:

Paletilla cordero cast Imagen Folleto Recetas Navidad

O cordeiro é un dos pratos máis representativos do Nadal no noso país. Pensando nestas datas do Nadal propoñémosche unha preparación que posúe o sabor inconfundible e profundo dos bosques que lle achega a trufa negra. Esta Pa de Cordeiro Asada con Salsa de Trufas converterase no prato estrela das túas celebracións familiares.

Sigue o vídeo da receita de Pa de cordeiro Asada con Salsa de Trufas

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 pa de cordeiro.
  • 25 g de trufa.
  • 1 cebola.
  • 1 paquete de ceboliño.
  • 50 g de manteiga.
  • Media copa de brandy.
  • Auga.
  • Aceite de oliva.
  • Pementa negra.
  • Sal.

Paso a paso:

Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta saborosa receita.

1. Salpementar a pa e adobar en aceite.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 1

2. Enfornar a pa durante 90 minutos a 180º.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 2

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 3

3. Poñer un pouco aceite nunha tixola.​

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 4

4. Incorporar a metade da manteiga.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 5

5. Rustrir a cebola moi picada.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 6

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 7

6. Engadir a trufa picada, un pouco sal e o brandy.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 8

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 9

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 10

7. Reducir o alcohol.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 11

8. Engadir o zume do cordeiro e a manteiga restante.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 12

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 13

9. Reducir segundo nos guste.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 14

10. Servir coa salsa por enriba.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 15

11. Decorar co ceboliño.

Recetas Navidad paletilla cordero carne Paso 16

Outras recomendacións

A nosa sección de receitas pode ser moi útil para este Nadal. Bótalle unha ollada!

Para empezar as túas comidas e ceas nestas festas, nada mellor que a nosa selección de Afumados, Salgaduras e Conservas de Peixe.