Queres probar un xeado orixinal, ideal para os días calorosos? Presentámosche esta receita de Xeado de Té Matcha, un té orixinario de Xapón.
Se vos gusta o té Matcha, sorprende aos teus familiares e amigos con esta refrescante receita que podes preparar na túa propia casa. É moi fácil e poderedes gozar deste delicioso xeado en tan só 10 minutos. Un xeado que combina á perfección co sabor a chocolate. Próbao!
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Xeado de Té Matcha
Ingredientes para 4 persoas:
- 4 culleradas de té Matcha
- 4 follas de cecimbre
- 50 g de chocolate negro 72% cacao con pebidas
- 1 terrina de xeado de avea
Paso a paso:
Se queres seguir o paso a paso, aquí tes o desenvolvemento completo desta receita.
1. Facer labras de chocolate cun pelador.
2. Poñer o xeado nun batedor.
3. Engadir catro follas de cecimbre…
4. E catro culleradas de té Matcha.
5. Bater.
6. Botar nun recipiente.
7. E engadir as labras de chocolate.
8. Remover e conxelar.
9. Decorar con labras de chocolate e cecimbre.
Outras recomendacións
Se che gusta a mestura de sabores e texturas, proba o noso Xeado Polvito con sabor a galleta, merengue e doce de leite.