Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Ensinámosche o paso a paso para unha receita de Poké de Cangrexo, moi fácil de preparar.

Receita de Poké de Cangrexo

31 de xullo de 2019

Queres aprender a preparar un delicioso Poké de Cangrexo? Este prato lixeiro e refrescante, moi fácil de cociñar, é unha tendencia gastronómica que triunfa hoxe en día en numerosos países.

Sigue o vídeo paso a paso da nosa versión de Poké de Cangrexo

Ingredientes para 2 persoas:

  • 65 g de carne de cangrexo Chatka
  • 200 g de gamba cocida pelada
  • 1 cebola tenra
  • 125 g de quinoa branca e vermella
  • ½ aguacate
  • ½ manga
  • 10 tomates cherry
  • Aceite de oliva

Para o aliño:

  • 2 jalapeños
  • Sementes de chía
  • 6 culleradas sopeiras de salsa de soia
  • ½ pomelo
  • Cebola frita
  • Coandro

Paso a paso:

Se queres seguir todos os detalles da elaboración desta receita, aquí tes o paso a paso.

1. Nunha tixola engadir aceite e refogar as gambas.

Paso 1 Imagen Receta Poke Cangrejo

2. Cortar o aguacate á xuliana.

Paso 2 Imagen Receta Poke Cangrejo

3. Cortar a manga en cadradiños.

Paso 3 Imagen Receta Poke Cangrejo

4. Cortar a cebola tenra á xuliana.

Paso 4 Imagen Receta Poke Cangrejo

5. Cortar pola metade os tomates.

Paso 5 Imagen Receta Poke Cangrejo

6. Nun prato engadir a manga, a cebola, o aguacate, as gambas, os tomates, a quinoa e o cangrexo.

Paso 6 Imagen Receta Poke Cangrejo

Paso 7 Imagen Receta Poke Cangrejo

Paso 8 Imagen Receta Poke Cangrejo

Paso 9 Imagen Receta Poke Cangrejo

​7. Cortar en anaquiños os jalapeños e o coandro.

Paso 10 Imagen Receta Poke Cangrejo

Paso 11 Imagen Receta Poke Cangrejo

8. Espremer o pomelo sobre os jalapeños e o coandro cortados en anacos.

Paso 12 Imagen Receta Poke Cangrejo

9. Engadir a salsa de soia.

Paso 13 Imagen Receta Poke Cangrejo

10. Aliñar coa salsa, a chía e a cebola frita.

Paso 14 Imagen Receta Poke Cangrejo

Paso 15 Imagen Receta Poke Cangrejo

Outras recomendacións

Se buscas outros pratos lixeiros e frescos a base de peixe, que tal esta Receita de Tataki de Salmón?

Máis ideas para as túas comidas e ceas na nosa sección de Receitas.