Para celebrar o Día Nacional do Celíaco, aprende a preparar esta Hamburguesa sen glute.

Receita de Hamburguesa con recheo de queixo sen glute

23 de maio de 2022

O venres 27 de maio celébrase o Día Nacional do Celíaco. Un ano máis, aproveitamos a data para insistir no apoio ás persoas celíacas e demostrámolo coa nosa variada selección de produtos sen glute.

Por exemplo, o noso Panciño de hamburguesa sen glute con sementes de sésamo. Un produto especialmente indicado para celíacos ou intolerantes ao glute.

Non obstante, pode ser saboreado por todo tipo de público, xa que está riquísimo e ten unha textura tenra, consistente e moi apetecible. Non se desfai, por iso pode consumirse torrado ou sen torrar. Preséntase nun paquete de 160 gramos que contén 2 unidades.

Un panciño especial para hamburguesas, pero que tamén podes consumir en torradas, sándwichs, etc.

Agora que xa sabes todo isto, apetéceche preparar unha deliciosa Hamburguesa con recheo de queixo con pan sen glute? Seguro que si!

Sigue o paso a paso para a receita sen glute de Hamburguesa con recheo de queixo

Ingredientes

  • 150g carne picada vacún/porco.
  • 2 pans de hamburguesa sen glute.
  • Ourego.
  • Pementa.
  • Sal.
  • 10g leituga iceberg.
  • 4 tomates cereixa en rama.
  • 1 culleradiña de mostaza antiga.
  • 20g de queixo emmental.
  • 1 cullerada de maionesa.
  • 1 culleradiña de piripiri.
  • 2 cogombriños laminados en vinagre.
  • 2 rodas de cebola vermella á prancha.

Paso a paso

1. Condimenta a carne picada con sal, pementa acabada de moer e ourego, e amasa ata mesturar ben.

Paso 1 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Paso 2 de la Receta Hamburguesa sin gluten

2. Una vez ben amasado, dálle á carne forma de bólas compactadas, en pezas duns 75 g aproximadamente.

Paso 3 de la Receta Hamburguesa sin gluten

3. Aplana lixeiramente as bólas e coloca unha culleradiña de mostaza e unhas boas láminas de queixo emmental.

Paso 4 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Paso 5 de la Receta Hamburguesa sin gluten

4. Cubre a peza de carne aderezada con outra peza de carne e sela ben polos bordos, compactándoo todo ben. Se o prefires, esta receita pode prepararse tamén coas nosas hamburguesas xa feitas, incorporándolles os ingredientes dentro e selándoas entre si.

Paso 6 de la Receta Hamburguesa sin gluten

5. Quenta a prancha e cociña a hamburguesa por ambas as dúas caras, ata que doure.

Paso 7 de la Receta Hamburguesa sin gluten

6. Corta un par de rodas dunha cebola vermella e pásaas pola prancha.

Paso 8 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Paso 9 de la Receta Hamburguesa sin gluten

7. Mentres se vai cociñando, corta unha pouca leituga iceberg, uns tomates cereixa e aliña.

8. Torra o pan de hamburguesa sen glute e unta a base cunha mestura de maionesa e cunhas gotas de salsa piripiri.

Paso 10 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Paso 11 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Paso 12 de la Receta Hamburguesa sin gluten

9. Coloca na base a leituga e o tomate aliñados, a hamburguesa xa cociñada, dúas láminas de cogombriño por enriba e as rodas de cebola vermella.

Paso 13 de la Receta Hamburguesa sin gluten

10. Remata coa salsa de maionesa + piripiri e tapa.

Imagen Paso 14 Hamburguesa sin gluten

Paso 15 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Paso 16 de la Receta Hamburguesa sin gluten

Outras recomendacións

Tamén podes aprender a preparar esta Receita de Pizza sen glute, está riquísima.