Unha grellada é un motivo ideal para reunir a familia e os amigos aproveitando o bo tempo. Mercadona poncho fácil para estas reunións: costeletas de cordeiro, touciño entrefebrado e botifarra, uns ingredientes sinxelos de preparar e perfectos para sacarlles todo o seu sabor sobre as brasas, con esta receita de Grellada de Verán de Carne e Verduras.
Acompaña esta carne que encontrarás na Carnicería de Mercadona, con millo ou verduras como espárragos verdes, cabaciña ou pemento vermello para crear a túa grellada perfecta. E aderézao todo con salsas que son idóneas para a ocasión como o curry, a salsa sabor grellada ou o alioi.
Sigue o vídeo da receita da Grellada de Verán con Carne e Verduras.
Ingredientes para 4 persoas:
- Costeletas de cordeiro
- Botifarra fresca
- Touciño entrefebrado
- 1 espiga de millo cocido
- Espárragos verdes
- Cabaciña
- Pemento vermello
- Pementa negra (de muíño)
- Sal gordo
- Aceite de oliva virxe extra
- Salsa curry
- Salsa grella
- Alioli
Paso a paso:
Se queres elaborar unha boa grellada coa que sorprender os teus invitados, sigue o proceso paso a paso desta receita para a Grellada de Verán de Carne e Verduras.
1. Acender o lume e esperar ata que se fagan as brasas.
2. Limpar e cortar as verduras.
3. Cortar o millo e poñelo todo á brasa cun pouco sal e cunha pouca pementa.
4. Poñer a carne sobre as brasas. Botarlle sal e pementa só ás costeletas e ao touciño entrefebrado.
5. Cociñar todo polos dous lados ata que estea dourado.
6. Poñer nos pratos, aliñar cun pouco aceite de oliva e presentar as tres salsas en pequenos recipientes, para que cada comensal se sirva ao seu gusto.
A Grellada de Verán de Carne e Verduras é unha deliciosa receita, ideal para compartir cos amigos ou coa familia, aproveitando o bo tempo durante as vacacións.
Outras recomendacións
Para acompañar esta deliciosa receita de grellada, proba a Cervexa Steinburg 0,0% sen glute, unha refrescante bebida que ademais é apta para persoas celíacas.
Mentres os teus invitados esperan a que estea lista a grellada, sorpréndeos cuns Montadiños de Queixo de Cabra e de Queixoo Brie ao forno. Descubre a receita destes montadiños e ofrécelles aos teus amigos e á túa familia o mellor aperitivo..