Receita paso a paso para preparar unha deliciosa Fideuá de Marisco, utilizando o caldo para fideuá con rustrido que encontrarás en Mercadona

Receita de Fideuá de Marisco con caldo para Fideuá

24 de agosto de 2018

Aprende a preparar na casa da maneira máis sinxela esta receita de Fideuá de Marisco elaborada co caldo para fideuá con rustrido que encontrarás en Mercadona. Encantaranche!

Sigue o vídeo paso a paso para elaborar a Receita de Fideuá de Marisco con caldo para Fideuá:

Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 toro de emperador fresco
  • 1 lura fresca
  • Mexillóns
  • 4 gambas vermellas arxentinas
  • 400 g de fideo mediano
  • 1 brik de Caldo para Fideuá con rustrido
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal
  • Alioli

Paso a paso:

Aquí tes todos os pasos necesarios para elaborar unha saborosa Fideuá de Marisco. Só tes que seguilos e sorprenderás os teus invitados polo seu delicioso sabor.

1. Botar unhas tres culleradas sopeiras de aceite na paella. Refogar os mexillóns e as gambas vermellas e reservar. Refogar a lume alto o emperador e a lura cortados en anacos ata que collan cor.

Paso 1 Receta Fideuá Marisco Caldo

Paso 2 Receta Fideuá Marisco Caldo

2. Engadir os 400 gramos de fideos.

Paso 3 Receta Fideuá Marisco Caldo

3. Remover os fideos co emperador e coa lura.

Paso 4 Receta Fideuá Marisco Caldo

4. Engadir, quentado previamente, o brik de Caldo para Fideuá. Manter o lume alto ata que ferva.

Paso 5 Receta Fideuá Marisco Caldo

Paso 6 Receta Fideuá Marisco Caldo

5. Incorporar os mexillóns​

Paso 7 Receta Fideuá Marisco Caldo

6. … e as gambas vermellas.

Paso 8 Receta Fideuá Marisco Caldo

7. Manter co lume alto fervendo uns 10 minutos aproximadamente.

Paso 9 Receta Fideuá Marisco Caldo

8. Cando non quede caldo estará terminado; deixar repousar sen lume uns dous ou tres minutos.​

Paso 10 Receta Fideuá Marisco Caldo

9. Servir no prato e acompañar con alioli se se desexa.

Paso 11 Receta Fideuá Marisco Caldo

Outras recomendacións

Despois da Fideuá, no verán senta de marabilla un xeado. Ofrecémosche estas irresistibles combinacións para combater a calor: Xeados de Mercadona para elixir entre Mini Nocciola con dobre cobertura e Cono Mediano de Nata con Galletas ao Cacao.

Tamén che ofrecemos todas estas receitas, unhas cantas ideas que poden ser moi útiles para facilitarche a vida no verán e preparar os pratos máis refrescantes.