Se queres preparar unhas deliciosas empanadillas ou unha empanada só tes que seguir a nosa receita con vídeo paso a paso.

Receita de Empanadillas e Empanada

01 de outubro de 2018

Gozar dunhas boas empanadillas ou dunha deliciosa empanada pode ser todo un pracer. Nada máis apetecible, ben sexa para xantar, para merendar ou como aperitivo en familia ou con amigos.

Agora podes preparar comodamente na túa casa estas dúas especialidades da nosa cociña co Recheo para Empanada e Empanadillas e a Masa Fresca de Empanada que encontrarás na sección de refrixerados de Mercadona. Non te prives!

Sigue o vídeo paso a paso para elaborar esta Receita de Empanadillas e Empanada:

Ingredientes para 4 persoas:

  • Masa Fresca para Empanada.
  • Recheo para Empanada e Empanadillas.
  • 1 ovo.

Paso a paso das Empanadillas:

1. Estirar a Masa Fresca para Empanada e cortala cun molde circular.

Paso 1 Receta empanadillas

Paso 2 Receta empanadillas

2. Engadir un par de culleradas do Recheo para Empanada e Empanadillas dentro de cada círculo de masa.

Paso 3 Receta empanadillas

3. Cerrar ben selando os bordos cos dedos ou cun garfo.

Paso 4 Receta empanadillas

Paso 5 Receta empanadillas

4. Bater o ovo.

Paso 6 Receta empanadillas

5. E pintar co ovo batido as empanadillas mediante o pincel especial para cociña.

Paso 7 Receta empanadillas

6. Colocar as empanadillas na reixa do forno deixando libre tanto a parte superior como a inferior para que se fagan por igual nas dúas partes. Meter no forno durante 25 minutos aproximadamente a 180 graos.

Paso 8 Receta empanadillas

Paso a paso da Empanada:

1. Estirar a Masa Fresca para Empanada e engadir dous botes do Recheo para Empanada e Empanadillas.

Paso 1 Empanadillas y Empanadas

2. Estender ao longo da base da masa de maneira uniforme.

Paso 2 Empanadillas y Empanadas

3. Tapar coa segunda lámina de masa.

Paso 3 Empanadillas y Empanadas

4. Cerrar ben selando os extremos.

Paso 4 Empanadillas y Empanadas

5. Pintar con ovo batido utilizando un pincel especial de cociña.

Paso 5 Empanadillas y Empanadas

6. Facer unha pequena incisión no centro da empanada.

Paso 6 Empanadillas y Empanadas

7. Colocar a empanada na reixa do forno deixando libre tanto a parte superior como a inferior para que se fagan por igual as dúas partes. Meter no forno durante 30 minutos a 180 graos.

Paso 7 Empanadillas y Empanadas

Outras recomendacións

Nada mellor que acompañar esas deliciosas empanadillas ou esa rica empanada con algunha destas refrescantes cervexas. E se non tomas alcohol proba a nosa Cervexa Steinburg 0,0% sen glute, tamén apta para as persoas celíacas.

Se necesitas completar esa sesión de aperitivos, aquí tes este Crocanrol, un crocante bocado de queixo curado que é ideal para compartir.