A cabaza é a estrela de Halloween. Prepara un Biscoito de Cabaza decorado cunha tea de araña e triunfarás.

Receita de Biscoito de Cabaza de Halloween

24 de outubro de 2018

Achégase a festa de Halloween e seguimos coa preparación de doces. Nestes días a cabaza é un dos elementos estrela en moitos fogares.

Cada vez son máis frecuentes os biscoitos de cabaza, á parte dos disfraces, das larpeiradas e da diversión a toneladas.

Para que gocedes ao máximo desta celebración propoñémosvos unha Receita de Biscoito de Cabaza recheo de marmelada de laranxa amarga. Ten unha textura esponxosa e un sabor que fará as delicias de pequenos e maiores. Está riquísimo e é ideal para toda a familia.

Ademais, ten un aspecto moi orixinal. Sorprende os teus invitados coa divertida decoración deste biscoito, que emula unha fantasmagórica tea de araña feita con chocolate derretido.

Sigue o vídeo paso a paso para elaborar esta Receita de Biscoito de Cabaza

Ingredientes para 4 persoas:

  • 4 ovos
  • 300 g de azucre branco
  • 375 g de preparado de biscoito sen glute (inclúe lévedo)
  • 25 g de manteiga sen sal
  • 400 g de cabaza
  • Marmelada de laranxa amarga
  • 1 culleradiña rasa de canela moída
  • 100 ml de aceite de oliva virxe extra
  • Arandos
  • 100 g de chocolate negro para fundir
  • 750 g de chocolate branco para fundir

Paso a paso:

1. Cortar a cabaza en tacos.

Paso 1 Receta bizcocho Halloween

2. Pintar o molde con manteiga e enfariñar, quentar o forno previamente a 180º.

Paso 2 Receta bizcocho Halloween

3. Nun vaso mesturador engadir os ovos co aceite e co azucre.

Paso 3-1 Receta bizcocho Halloween

Paso 3-2 Receta bizcocho Halloween

Paso 3-3 Receta bizcocho Halloween

4. Turbinar todo e engadir a cabaza, volver turbinar.

Paso 4-1 Receta bizcocho Halloween

Paso 4-2 Receta bizcocho Halloween

5. Poñer a mestura nun recipiente e agregar o preparado de biscoito sen glute (contén lévedo) coa canela. Mesturar todo ben.

Paso 5-1 Receta bizcocho Halloween

Paso 5-2 Receta bizcocho Halloween

Paso 5-3 Receta bizcocho Halloween

Paso 5-4 Receta bizcocho Halloween

6. Poñer toda a carga no molde e enfornar de 30 a 35 minutos. Transcorrido ese tempo pinchar para comprobar que está ben cocido, se está un pouco cru enfornar outros 5 a 10 minutos ata que estea ben.

Paso 6 Receta bizcocho Halloween

7. Arrefriar o biscoito na neveira unhas 2 horas.

Paso 7 Receta bizcocho Halloween

8. Cortar pola metade o biscoito unha vez arrefriado e estender a marmelada de laranxa, tapar e volver arrefriar.

Paso 8-1 Receta bizcocho Halloween

Paso 8-2 Receta bizcocho Halloween

9. Fundir o chocolate branco ao baño María, poñer o biscoito sobre unha reixa e bañalo co chocolate. Deixar que perda todo o chocolate sobrante.

Paso 9 Receta bizcocho Halloween

10. Fundir o chocolate negro ao baño María, introducir o chocolate nunha manga pasteleira, deixar que tempere e formar a espiral para facer a tea de araña.​

Receta bizcocho Halloween paso 10-1

Paso 10-2 Receta bizcocho Halloween

11. Decorar cos arandos ou Chocolates Surtidos de Halloween ao gusto. (Podes decorar os chocolates facendo divertidos ollos con fondant).

Paso 11 Receta bizcocho Halloween

Outras recomendacións

Xa tes a túa Bolsa de Xuxes e a túa Cabaza Halloween? Prepara ben todo o conxunto para que os máis pequenos o pasen estupendamente.