Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Ensinámosche a preparar a receita paso a paso dunha sobremesa ideal para esta primavera: amorodos grandes con xeado de vainilla.

Receita de Amorodos grandes salteados con Xeado de Vainilla

18 de marzo de 2019

Achégase a primavera, é tempada de amorodos grandes, e apetece tamén combinalos cun toque de xeado, verdade? Por iso queremos que descubras esta sobremesa diferente cun sabor cheo de contrastes.

Se probas a nosa receita de Amorodos grandes salteados con xeado de vainilla converterase nun estupendo colofón para os teus xantares ou as túas ceas. É moi fácil, podes preparala en só 15 minutos.

Saltea os amorodos cortados en anacos con manteiga, vinagre balsámico de Módena e panela, e sírveos acompañados de xeado de vainilla e granola. Delicioso!

Sigue o vídeo paso a paso da receita de Amorodos grandes salteados con xeado de vainilla

Ingredientes para 4 persoas:

  • 500 g de amorodos grandes.
  • 3 culleradas de vinagre balsámico de Módena.
  • 30 g de panela.
  • 1 bóla de xeado de vainilla por persoa.
  • 2 culleradas de granola.
  • 25 g de manteiga sen sal.

Paso a paso:

Se queres aprender a preparar esta sinxela receita, sigue o proceso paso a paso.

1. Partir en anacos os amorodos. ​

paso 1 Imagen Receta fresones

2. Poñer a manteiga na tixola.

paso 2 Imagen Receta fresones

3. Botar os amorodos cortados en anacos na tixola.​

paso 3 Imagen Receta fresones

4. Incorporar o vinagre balsámico de Módena.​

paso 4 Imagen Receta fresones

5. Engadir a panela.​

paso 5 Imagen Receta fresones

6. Remover mentres confeitamos os amorodos.

paso 6 Imagen Receta fresones

7. Empratar sobre unha base de granola.

paso 7 Imagen Receta fresones

8. Decorar cunha bóla de xeado de vainilla e os amorodos salteados.

paso 8 Imagen Receta fresones

paso 9 Imagen Receta fresones

paso 10 Imagen Receta fresones

En todas as nosas tendas, os amorodos grandes de Mercadona proceden de Huelva.

Ademais, Mercadona apoia a campaña "Froita e Verdura de aquí e de agora" do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación na que se recomenda o consumo de froita e verdura de maneira regular.

Outras recomendacións

Queres un primeiro prato delicioso? Ensinámosche a preparar a receita de Espirais de Cabaza con pesto de pistacho, unha proposta orixinal para completar o teu menú.