Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

+Proteínas, sobremesas lácteas con máis proteínas, 0% de materia graxa, sen glute e con diferentes texturas e sabores para elixir.

+Proteínas Hacendado. Delicioso sabor en calquera lugar

09 de xaneiro de 2019

En Mercadona podes escoller entre diferentes tipos de +Proteínas Hacendado, unha gama de sobremesas de exquisito sabor e textura que podes gozar en calquera momento e lugar.

Conteñen un 0% de materia graxa e á vez ofrécenche 100% de sabor cun contido extra de proteínas. Ademais son sen glute. Anímaste a probalas?

Tipos de +Proteínas en Mercadona

Ofrecémosche tres tipos de +Proteínas Hacendado:​

+Proteínas Culler

Teñen só entre 64 e 68 kcal., 0% materia de graxa e 10 gramos de proteínas por cada 120 g (un tarro/porción). Por outra parte, non conteñen glute, polo que son aptas para persoas celíacas.

Preséntanse en diferentes sabores, todas elas deliciosas, para que escollas a túa preferida:

  • +Proteínas Amorodo, con pequenos anacos de amorodo. (64 Kcal.)
  • +Proteínas con arandos enteiros, cun sabor intenso e cunha sorprendente textura cremosa. (64 kcal.)
  • +Proteínas Mango Maracuxá, só con polpa, sen anaquiños de froita. (68 kcal.)

Cuchara Hacendado Postres Proteinas

+Proteínas para Beber

Ideais para beber pola súa textura cremosa e o seu fascinante sabor. Teñen 180 kcal. e 25 gramos de proteínas por unidade. Podes tomalas en calquera momento do día, xa que se poden conservar ata 4 horas fóra do frigorífico. Tampouco conteñen glute, polo que as persoas celíacas poden gozalas.
Elixe entre dous sabores, clásicos e deliciosos:

  • Sabor plátano
  • Sabor amorodo

Beber Hacendado Postres Proteinas

+Proteínas de Xelatina

Textura xelatina con só 39 kcal., 6 gramos de proteínas por 100 g e 0% de materia graxa. Un produto sen glute, apto para persoas celíacas. Dispoñible nun único sabor a froitos vermellos.

Gelatina Frutos rojos Hacendado Postres Proteinas

As +Proteínas de Mercadona poden consumirse en calquera momento do día, como complemento nunha comida, como sobremesa, almorzo ou merenda, entre horas…

Só tes que escoller o tipo de +Proteínas que máis che guste (culler, para beber ou xelatina), elixir o teu sabor preferido e gozar dela.

Outras recomendacións

Se che gusta o iogur para beber proba os nosos Iogures Hacendado para beber con diferentes sabores e texturas. Tamén dispoñibles con 0% de materia graxa e 0% de azucres engadidos, para que non descoides a túa liña.