AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

+Proteínas Hacendado, con Fresa o Arándanos

Proba os +Proteínas Hacendado. O seu sabor abraiarate!

19 de abril de 2017

En Mercadona xa tes dispoñibles en dous sabores diferentes os +Proteínas Hacendado que, ademais de estar boísimos nas súas dúas versións, non conteñen materia graxa!

Agora podes elexir entre +Proteínas Hacendado con anacos de Amorodo e con Arandos enteiros, para que os poidas combinar e así gozares de ambos ou, tamén, para escolleres o que máis che guste.

+ Proteínas Hacendado: O mellor sabor con alto contido en proteínas

Os + Proteínas Hacendado destacan porque che ofrecen un sabor delicioso e uns nutrientes saudables e de grande utilidade para a túa dieta cotiá.

O sabor escóllelo ti, podes elexir o +Proteínas de Hacendado que inclúe pequenos anacos de amorodo, e que lle dan un toque delicioso, ou ben o +Proteínas de Hacendado, con arandos enteiros, que te abraiará polo seu sabor intenso e unha textura cremosa única.

Para alén diso os +Proteínas de Hacendado non conteñen máis que 64 Kcal., asegurándoche un 0% de materia graxa, e tamén inclúen un alto contido en proteínas de 10g., unha escolla perfecta quer polo seu sabor quer para te sentires mellor. Ademais non conteñen glute, polo que son aptos para persoas celíacas.

Cando gozar os + Proteínas de Hacendado?

Os +Proteínas de Hacendado están dispoñibles en ambos os sabores en packs de 4 unidades de 120 g. cada envase.

Como non conteñen graxas podes combinalos como desexares entre eles ou ben tomares un ou máis do teu sabor preferido, amorodo ou arandos.

Podes tomar os +Proteínas Hacendado no momento do día que ti prefiras. Serven como complemento perfecto nas comidas principais polo seu alto contido en proteínas, mais tamén de petisco entre horas ao non conteren graxa.

Tamén é un almorzo, merenda ou sobremesa deliciosa e saudable que podes compartir en familia ou un petisco á media mañá ou á media tarde. Ti escolles o sabor e tamén o mellor momento para gozares dos +Proteínas de Mercadona.

Outras recomendacións

Outra opción saudable para a sobremesa e con diferentes sabores ofrécencha os Iogures Desnatados Hacendado, que ademais son 0% materia graxa e conteñen 0% azucres engadidos.

E para os máis pequenos, podes probar os novos Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado, deliciosas sobremesas de iogur, sen glute e co 70% menos de graxa.