Estas festas esquece pasar arduas horas na cociña. En Mercadona poñémoscho doado e cociñamos para ti. Deixa abraiados os teus convidados e presenta a mellor das mesas do Nadal coas nosas propostas:
- Polo desosado a man
Escolle entre os nosos dous recheos: ameixas, pasas e noces ou xamón queixo e ovo. Só tes que abrir o envase, cortalo en liscos e mais servilo frío ou quente. É ideal como petisco e perfecto para o acompañares con prebes.
- Pa de año asada
Un dos pratos tradicionais destas festas. Presentámoscha nunha caixa que contén a pa para dúas ou tres racións, acompañada de un sobre co seu prebe. Pódese quentar no forno ou no microondas. A súa carne é tenra e saborosa, acompáñaa con patacas ao forno, vexetais ou salada. Tradición na túa mesa co sabor de sempre e co mínimo tempo de dedicación.
- Masas de follado de Mercadona
Gorentosas masas frescas de follado, crocantes e lixeiras, ideais para preparares todo tipo de receitas: palmeiriñas, trenzas, vol au vents, croissants ou galletas tradicionais do Nadal.
Outras Recomendacións
E co café… os tradicionais doces do Nadal fomentarán a mellor das sobremesas. Vive o Nadal máis doce cos turróns e a variedade de galletas de Mercadona e non esquezas os nosos deliciosos bombóns para tomares a calquera hora.