Coida a túa alimentación con receitas con Polo ao natural, unha novidade rica en proteínas e baixa en graxas.

Polo ao natural, receitas saudables e moi fáciles de preparar

01 de xullo de 2022

Para axudarche no coidado da túa alimentación, presentámosche unha novidade rica en proteínas e baixa en graxas: Polo ao natural. Te unha enorme versatilidade na cociña, xa que se pode preparar numerosas receitas fáciles e deliciosas. Toma nota das nosas suxestións:

Receitas con Polo ao natural

Ensalada de cóengos, millo, polo, aguacate, tomates cereixa e pipas

Imagen Texto 1 pollo y merluza natural

Ingredientes:

  • 70 g de cóengos.
  • 1 lata de Polo ao natural.
  • 50 g de millo doce.
  • 60 g de aguacate.
  • ½ tomate en rama.
  • 7 g de pipas naturais.
  • 10 ml de vinagre balsámico de Módena.
  • 40 ml de aceite de oliva virxe extra.

Modo de preparación:

  • Prepara unha base de cóengos nun recipiente apropiado.
  • Corta o tomate en dadiños pequenos e engádeo xunto ao millo e ao aguacate cortado en liscos finos.
  • Esmiúza o Polo ao natural sobre a ensalada.
  • Esparexe as pipas.
  • Bota sal e pementa e aliña segundo vos guste con aceite e vinagre balsámico de Módena.

Arroz integral refogado con ovo e polo

Imagen Texto 2 pollo y merluza natural

Ingredientes:

  • 1 vaso de arroz integral
  • 1 ovo.
  • ½ cebola vermella.
  • 50 g de cenoria.
  • 3 g de xenxibre.
  • 40 ml de salsa de soia.
  • 1 lata de Polo ao natural.
  • Coandro segundo vos guste.
  • Aceite de oliva virxe extra

Modo de preparación:

  • Nun prato, reserva o xenxibre ben picado, a cebola vermella cortada á xuliana moi fina e a cenoria lista en bastóns finos.
  • Nun wok ou tixola ampla, quenta dúas culleradas de aceite de oliva virxe extra. Engade o xenxibre ben picado. En canto o xenxibre baile, engade o ovo previamente batido. Fai bailar a tixola para que o ovo non se pegue. Antes de que calle o ovo por completo, engade o arroz integral e esparéxeo ben na tixola. Remove con enerxía e refoga sempre que se poida, de maneira que o ovo e o arroz comecen a integrarse ben.
  • Engade a cenoria e a cebola vermella, ambas as dúas cortadas en tiras. Refoga o conxunto a lume intenso un par de minutos.
  • Engade o Polo ao natural e sigue refogando e removendo con enerxía.
  • En canto o arroz estea listo e a cebola e a cenoria empecen a cociñarse, pero sigan al dente, engade a salsa de soia polos bordos da tixola. Nunca deixes de remover e refogar.
  • Sirve nun prato e culmina con coandro picado segundo vos guste.

Pasta con polo, cereixas, allo e chile

Imagen Texto 3 pollo y merluza natural

Ingredientes:

  • 200 g de espirais.
  • 15 tomates cereixa.
  • 2 dentes de allo.
  • 1 chile.
  • 1 lata de Polo ao natural.
  • 1 cullerada de ourego.
  • 3 culleradas de aceite de oliva.
  • Pementa negra segundo vos guste.
  • Queixo relado (opcional)

Modo de preparación:

  • Ferve auga nunha pota ampla. Salga xenerosamente e engade a pasta. Coce dous minutos menos do tempo que indica o fabricante, xa que se terminarán de cociñar na tixola.
  • Nunha tixola ampla, refoga os allos picados finamente no aceite de oliva virxe extra e seguidamente engade o chile. Cando empecen a dourar, engade os tomates cereixa lavados cunha lixeira incisión de coitelo na pel. Refoga na tixola ata que os tomates comecen a engurrar.
  • Engade a lata completa de Polo ao natural e xunta co rustrido. Engade á mesma tixola as espirais e remove con enerxía, buscando que se mesture ben o conxunto.
  • Engade á tixola dous culleróns da auga onde se coceu a pasta. Refoga e remove con enerxía: o amidón da pasta e a auga de cocción irán evaporando e daranlle cremosidade ao conxunto. Engade o ourego e dálle a última volta.
  • Cando a pasta estea lista, sirve no prato. Pódese terminar o prato con pementa negra acabada de moer, queixo relado e/ou máis Polo ao natural.

Outras recomendacións

Tamén podes coidar os teus almorzos e as túas merendas con estas receitas con Cereais Avea Crunchy.