Proba as nosas suxestións de consumo con latas de conserva ao natural.

Receitas frescas e lixeiras con conservas ao natural

13 de xullo de 2022

As nosas latas de conserva ao natural, de atún e salmón, constitúen a alternativa máis fácil, rápida e saudable para as túas comidas e ceas estivais. Lixeiras e frescas, ao ser “ao natural” son perfectas para consumir a cantidade de proteína que necesitas.

Ademais, con elas podes preparar case todo tipo de pratos, máis ou menos elaborados: ensaladas, pratos de pasta, tortillas, tostas, empanadas, sándwichs, bocadillos, tartar, etc. Apetéceche coñecer as nosas suxestións?

Receitas con Latas de conserva ao natural

Atún ao natural

Un clásico dentro do mundo das conservas! O sabor favorito de moita xente, verdade que a ti tamén che gusta? Este atún ao natural elabórase exclusivamente con lombos de atún claro, engadindo só auga e sal, o que permite manter as súas grandes propiedades nutricionais. É un produto con baixo contido en graxa saturada e unha grande achega de Omega 3.

Con este alimento podes preparar un montón de receitas. Toma nota das nosas ideas de cociña fácil con atún en conserva ao natural.

Receta con latas de conserva de atún al natural

Salmón ao natural

De novo un produto con alto contido en proteínas, indicado para as persoas ás que lles gusta coidarse. O seu único ingrediente é o salmón, ao que se engadiu auga e sal, con todas as súas características nutricionais intactas.

Con este produto podes improvisar unha cea rápida e apetitosa nun momento. Queres coñecer as nosas suxestións de consumo?

Recetas con latas de con salmón al natural

Outras recomendacións

Se che gusta coidarte, descubre todas as posibilidades da soia texturizada.