AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Pistachos Tostados Hacendado

Pistachos Torrados Hacendado, moito máis que un aperitivo!

13 de marzo de 2017

Estes froitos secos tan saborosos constitúen unha rica fonte de fibra e magnesio e, ademais, destacan polo seu alto contido en ferro. Tamén foi recoñecido o seu efecto saciante, entre outras virtudes.

Todo isto, xunto co seu delicioso sabor característico, convérteos en indispensables en calquera aperitivo equilibrado.

Pistacho Torrado Hacendado, agora tamén sen sal

Mercadona ofréceche o Pistacho Torrado Hacendado, para poderes petiscar entre horas.

Un pracer inconfundible e irresistible agora en dúas modalidades diferentes: quer se che gustan os Pistachos Torrados Hacendado con sal de toda a vida, quer se prefires os novos Pistachos Torrados sen sal, xa podes gozar do seu espectacular sabor como aperitivo, entre horas ou en calquera momento do día.

Ambos son produtos Sen glute e preséntanse en dous tamaños diferenciados: tamaño de 300 gramos no caso do Pistacho Torrado e de 150 gramos na modalidade sen sal.

Un aperitivo que dá moito xeito

O uso como aperitivo do pistacho é o máis popular e estendido. Porén, é un excelente ingrediente para saladas, en po ou picados para rebozar, en anacos mesturados con iogures, enteiros como enfeite de tortas ou como complemento dunha manchea de pratos… Todo é cuestión de botarlle imaxinación!

Goza do pracer máis rico e súmate a un delicioso aperitivo cos Pistachos Torrados Hacendado, con e sen sal. Moito máis que un aperitivo!

Outras recomendacións

Se che gusta a variedade, comparte estes Froitos secos de Mercadona: Pebidas de Xirasol xigantes e Cóctel Mestura… Boísimos!

E non esquezas acompañar os teus aperitivos cunha Cervexa de Mercadona ou un Refresco.