Patacas Forno de Mercadona. Listas para enfornares sen necesidade de fritir.

Patacas Forno

17 de outubro de 2017

Crocantes, saborosas, doadas de preparar, xa listas para enfornares. Así son as Patacas Forno de Mercadona, de corte groso con textura e sabor similar ao das patacas fritidas. Ideais para acompañares hamburguesas, peixes, asados ou tamén como petisco. Non esquezas probalas cos teus prebes favoritos.

Xa non terás que fritir para saborear unhas patacas de corte groso como gornición das túas comidas. Da bolsa ao forno e listas entre 18 e 20 minutos a unha temperatura de 200-220ºC.

Proba as Patacas Forno de Mercadona e esquece o que era fritir!

Outras recomendacións

Acompaña as Patacas Forno cos Prebes de Mercadona e ponlles un toque especial.

Non esquezas probar a Batata Conxelada de Mercadona, lista para enfornares ou fritires. Un bocado ideal como gornición ou petisco.