AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Sinte que viaxas ao mesmo corazón de Italia ao cociñares as pastas ao bronce de Mercadona. Degusta a súa textura, o seu sabor e as súas múltiples variedades.

Pastas italianas de Mercadona

01 de marzo de 2018

Elaboradas ao pé de Nápoles continuando a máis ancestral tradición, as pastas italianas de Mercadona ofrécenche o máximo sabor para as túas receitas.

Dá renda solta á túa creatividade e cociña os pratos máis apetitosos coas novas pastas de Mercadona, elaboradas nos tradicionais moldes de bronce. Este procedemento outórgalle rugosidade á pasta para conseguir que absorba mellor os prebes e potenciar o seu sabor.

Spaguetti, Penne, Tortiglioni, Fusilli e Cannelloni, elaborados con sémola de trigo 100% da mellor calidade.

Como cociñala?

Ferver un litro de auga por cada 100 gramos de pasta.

Cando a auga estea a ferver, engadirlle sal. Cómpre non temperar a auga con aceites nin herbas nin tampouco arrefriar con auga a pasta, xa que perderá nutrientes e mais sabor.

Penne

Os apaixonados dos macarróns finos máis auténticos e característicos de Italia están de parabéns. Próbaos con algún dos teus prebes favoritos e notarás a diferenza.

Tortiglioni

Chaman a atención nada máis velos no seu paquete. O seu tamaño, as súas características rugosidades, debidas ao feito de seren fabricados nun molde tradicional de bronce, hante deleitar. En pouco máis de 10 minutos poderás gozar de todo o seu sabor al dente. Non esquezas combinar os tortiglioni con prebes como o pesto, boloñesa ou con algún máis innovador como o de champiñóns ou trufa.

Fusilli

As saladas de pasta saberán apreciar a elaboración tradicional dos fusilli ao bronce de Mercadona. Os fusilli son elaborados sobre un molde tradicional de bronce no mesmo corazón de Italia. As súas características convértenos en formidables para saladas, mais tamén os podes preparar con prebes quentes como o de queixo ou á carbonara.

Spaguetti

Sen lugar a dúbidas, unha das pastas máis exitosas e populares son os spaguettis. Comelos é todo un pracer e tamén unha diversión para os máis cativos. Na túa lacena non poden faltar os nosos spaguetti ao bronce porque serán o teu mellor aliado en moitos momentos.

Cannelloni

Unha das nosas grandes novidades e apostas son os cannelloni ao bronce xa precocidos de Mercadona. Encontrarás perante ti unha pasta que só deberás encher e poñer directamente ao forno coa súa bechamel e o teu queixo favorito, para sentires que viaxas á mesmísima Italia cando os leves á boca.

Outras recomendacións

Unha boa forma de acompañares estas pastas italianas ao bronce pode ser o Falafel de Mercadona xunto con prebe tahina. Tamén as podes maridar coas nosas cervexas Reserva e Dobre Malta.