Proba as torradas extra crocantes de pan con trigo Hacendado. Combínaas con todo tipo de produtos, quer salgados quer doces.

Pan con trigo Hacendado

07 de marzo de 2018

Comer pan é unha tradición moi enraizada nos países mediterráneos. En Mercadona temos diferentes tipos que se adaptan a todos os gustos. Entre eles destacamos as rebandas extracrocantes de pan con trigo Hacendado.

Preséntanse nun envase de 16 unidades, están elaboradas con ingredientes naturais e son moi versátiles, pois combínanse con case todos os produtos da túa lacena, quer salgados quer doces.

Boas ideas para comeres o crocante pan con trigo

Desde o momento do teu almorzo até a cea, o pan con trigo Hacendado pódete acompañar en calquera das túas comidas.

Pola mañá, por exemplo, pódelo untar con manteiga e marmelada para acompañares o teu café ou té favorito. A media mañá está delicioso con peituga de pavo e queixo light de untar. Mentres que pola tarde pódelo comer con outras cremas, como guacamole ou hummus, e engadirlle tomates cherry.

Estas son algunhas ideas, mais de seguro que se che ocorren moitas máis formas de saboreares este pan que tamén é apto para dietas lacto-vexetarianas. Podes utilizar estas rebandas para todo tipo de petiscos e tapas.

Outras recomendacións

Acompaña os teus almorzos ou as túas merendas co té Matcha Hacendado, presentámosche tres formas de preparalo: ao estilo tradicional, Matcha Latte ou Smoothie de té Matcha.