AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Yogures Desnatados Hacendado

Os teus Iogures Desnatados Hacendado, con todo o sabor!

11 de xaneiro de 2017

En Mercadona tes dispoñibles os Iogures Desnatados Hacendado, para gozares no almorzo, despois de cada comida ou incluso para petiscares entre horas. Ademais de estaren boísimos polos seus sabores intensos, axudarante a sentirte ben.

Iogures Desnatados Hacendado

  • Se o que estás a procurar é gozar de Iogures Desnatados Naturais, con ou sen adozantes, están dispoñibles en packs de 6 unidades.
  • Ademais, tamén tes o Iogur Cremoso Natural Adozado, cunha textura moi suave que te abraiará.
  • Para os amantes dos Iogures Desnatados de Sabores Hacendado, podes escoller, en pack de 6, o teu sabor preferido: amorodo, coco ou limón.
  • Tamén está dispoñible nas nosas tendas o pack de 12 unidades de Iogures Desnatados Hacendado, co que poderás gozar dunha variedade ampla de sabores como pera, ananás, manga ou froitas do bosque, ademais de amorodo e limón. Poderás ir variando entre estes deliciosos sabores sen te fartares de os tomar.

Por que incluír Iogures Desnatados Hacendado no teu día a día

Os Iogures Desnatados Hacendado son 0% materia graxa e 0% azucres engadidos. Por esa razón convértense nun complemento perfecto na túa dieta cotiá.

Como veñen en packs, son moi cómodos de utilizar en calquera momento e, ademais, o seu tamaño é o ideal para gozares en cada ocasión do iogur que queres. Por esa razón son perfectos para os tomar logo das comidas como sobremesa.

Ademais, tamén podes gozar dos Iogures Desnatados Hacendado no teu almorzo, no xantar ou na merenda e incluso entre horas. Son moi saudables e están deliciosos en calquera dos sabores dispoñibles.

Síntete ben cos Iogures Desnatados Hacendado de Mercadona, perfectos para tomares en calquera momento!

Outras recomendacións

Para o almorzo e a merenda podes acompañar de xeito orixinal os Iogures Desnatados Hacendado co Muesli Crocante Hacendado, unha fonte de fibra e proteínas que tamén tes dispoñible con varios sabores.

Se queres almorzar algo que te axude ademais a queimar graxas, tes dispoñible a Infusión Queima-Graxas de Mercadona, formada mediante a combinación de plantas naturais que te axudarán coa graxa localizada.

E para complementar unha dieta saudable, en Mercadona xa tes dispoñible sementes de Quinoa, perfectas para combinares en sopas, arroces e saladas e coas que gozarás dunha importante cantidade de proteínas e fibra.