Para combater a calor, goza dun refrescante vaso de orchata de chufa

Orchata e bebida de chufa sen azucres engadidos

15 de maio de 2020

Apetéceche unha bebida refrescante? Cando se empeza a notar a calor, unha excelente opción é un saboroso vaso de orchata de chufa ben fresca.

A orchata é a forma máis popular e doce de consumir a chufa. Dende hai séculos esta bebida é todo un emblema da gastronomía valenciana. En Mercadona dispoñemos de orchatas e bebidas de chufa para que sirvas un vaso ben frío.

Mercadona ten previsto comprar aproximadamente 1.600.000 kg de chufa seca, que o Provedor Totaler J. García Carrión elabora e envasa nas súas instalacións de Segorbe (Castelló).

Texto 1 Imagen Horchata

Orchata de chufa

Xa coñeces as súas virtudes? A Orchata de chufa Hacendado conta con todas as características da mellor orchata de Valencia, está riquísima e é moi refrescante.

Composto basicamente por chufas, auga e azucre, este produto ofréceche:

  • Máis porcentaxe de chufa (14%)
  • Sen leite, sen lactosa, sen glute
  • Recoméndase consumir moi fría

Bebida de chufa

Se queres gozar da chufa pero necesitas unha menor achega calórica, temos a solución: Bebida de chufa se azucres engadidos Hacendado.

Esta bebida achéganos todas as vantaxes deste alimento tan delicioso, coas seguintes características:

  • Máis porcentaxe de chufa (14%)
  • Un produto sen azucres engadidos
  • Sen leite, sen lactosa, sen glute
  • Recoméndase consumir moi fría

Outras recomendacións

Apetéceche cociñar un biscoito recheo de crema de limón, sen glute? Atención á nosa deliciosa receita.