Adoza as festas coa variedade de turróns de Hacendado e mais as Galletas e Pastas de Mercadona.

O Nadal máis delicioso

13 de decembro de 2017

Vive o Nadal máis tradicional cos turróns elaborados con todo o mimo de Mercadona, turróns como o de améndoa –duro ou brando–, ou tamén de chocolate crocante. Ademais, este ano, encontrarás en Mercadona deliciosos sabores como o turrón de crema catalá ou o de iogur con arandos e amorodos.

Probáchelos todos xa?

  • Turrón Duro

Elaborado cun 60% de améndoas torradas e un 18% de mel da máxima calidade. Preséntase nun estoxo de 2 barras empaquetadas individualmente.

  • Turrón Brando

Elaborado cun 66% de améndoas torradas e un 12% de mel. Suave e saboroso turrón que contén no seu interior anacos de améndoa para o toque crocante en cada bocado. Preséntase nun estoxo de unha barra.

  • Turrón de Chocolate Crocante

Turrón de Chocolate con leite e cereais, elaborado cun 17% de améndoa e abelá e un 14% de cereais crocantes. Un saboroso e doce turrón pensado para os máis chocolateiros.

  • Turrón de Chocolate con Cacahuete Fritido e Mel

Cremoso e doce turrón de chocolate, combinado co sabor salgado dos cacahuetes fritidos recubertos de mel. Un toque diferente.

  • Turrón de Crema Catalá

Delicioso turrón cunha capa superior crocante e fina de caramelo que lle confire un toque doce de azucre torrado.

  • Turrón de Iogur con Arandos e Amorodos

Cremoso e doce turrón de iogur con anacos de arandos e amorodos, bañado con chocolate negro. Vangarda no sabor.

  • Diferentes variedades de Galletas e Pastas

Calquera momento do día é a ocasión ideal para gozares das variedades de galletas e pastas de Mercadona. Encontrarás gran diversidade de formas e sabores para todos os gustos, cunha variedade disposta en dúas bandexas que fan moito máis doada a súa conservación. Goza tamén dos mini barquillos e mais das galletas que se presentan nunha cómoda bolsa. Unha deliciosa tentación!

Outras Recomendacións

Dálle un gusto ao teu padal nestas festas. Fai un break na túa rutina e goza do teu momento coas novas barriñas Tokke Negro con Quinoa de Mercadona. Farán as delicias de todos os apaixonados do chocolate negro e, se che reinan as sobremesas, a nova Torta sen glute de Mercadona de améndoa con caramelo e cacahuetes resulta irresistible.