Nestas festas aposta polos exquisitos bocados da Chacinería de Mercadona, para gozalos coa familia e cos amigos. Son días de moitas visitas e reunións, de compartir alegría e bos desexos, e todo iso faise mellor con bos Xamóns, Embutidos, Queixos e Patés…
Celebra o Nadal cos produtos da Chacinería de Mercadona
Se non a coñeces aínda, é o mellor momento para descubrir a ampla variedade de produtos da nosa Chacinería. Os teus invitados agradecerano!
Xamón, Chourizo e Salchichón
- Xamón Reserva Peza: un clásico nestas festas. Perfecto como aperitivo e moito máis. Ademais, é un regalo ideal co que sorprender os teus seres queridos. Cun peso mínimo de 7 quilos e curado entre 12 e 14 meses.
- Embutidos: Chourizos e Salchichóns ibéricos embutidos na súa tripa natural. Este Nadal sírvelles un prato variado de embutidos aos teus invitados. Sorprenderá polo seu exquisito sabor.
Queixos
Completa a túa bandexa de embutidos cunha boa selección de Queixos, como os que encontrarás na nosa chacinería. Dende os máis exóticos aos máis tradicionais. Na variedade está o gusto e propoñémosche diferentes sabores e intensidades para contrastar e para satisfacer toda clase de padais.
- Sorprende co Ruliño de Queixo de Cabra con améndoas e mel, un delicioso bocado que non pode faltar na túa mesa.
- O Queixo Anello Forte é a opción para os comensais máis esixentes, que queren gozar do máximo sabor nun queixo. Imprescindible nestas festas.
- Dálle un punto exótico á túa mesa do Nadal cos Bocadiños de Queixo recheos con marmelada de Papaia, que non deixan a ninguén indiferente.
- Se che gusta a mestura de sabores, a Crema de Queixo con Piña é ideal para untar e gozar dos teus mellores bocados.
- Outra mestura exótica con queixo brando para untar é o Queixo Brie con arandos. Delicioso como aperitivo e como sobremesa!
Patés
No Nadal non esquezas gozar dos nosos deliciosos Patés, que achegarán colorido e sabor á túa mesa. Se serves Embutidos, Queixos e Patés encontrarás a combinación gañadora que lles encantará aos teus invitados. Aquí tes algunhas das principais variedades que poñemos á túa disposición:
- Paté de Feta e Tomate: un paté de potente sabor con inspiración grega.
- Paté de Trufa e Arandos: exquisita combinación de sabores.
- Mousse de Pato: textura lixeira e intenso sabor.
- Mousse de Pato con Arandos: se che encantan os arandos, preferirás esta combinación.
- Paté Ibérico á Cereixa: outra delicatessen para os teus menús do Nadal.
Outras recomendacións
Escolle a Cervexa que máis che guste para acompañar os teus aperitivos do Nadal.